Autor: dorvisou
Xa sei que non é moi romantico mais como arroutada sirve. Sentarse a mirar como medran as unllas dos dedos dos pes tamén pode ser unha metáfora do amor, de sosego, de paz interior...
Digo esto porque haberá algunha criatura que poda pensar " Home, mirarse os pés non ten moito xeito a non ser que haxa algunha inclinación fetichista"
Fecha: 22/10/2004 12:43.

Autor: muralla
Parece o mellor retrato de unha felicidade donde o amor está na medida xusta, es a dir que encontrou o equilibrio e pódese permetir o luxo de esperar en silencio algo tan raro como ver como medran as uñas dos pes. Enténdote, porque eu tamén o fixen alguha vez...
Unha aperta. Carmiña
Fecha: 22/10/2004 15:50.

Autor: peke
Pois non che me gusta nadiña o poema de Carballo (en xeral non me gusta moito como escritor), e por riba, non vexo que teña excesiva razón neste tema. Pero, en fin, cadaquén fala da feira segundo lle vai nela e teño entendido que el casou non coa persoa escollida por el, senón escollida polos pais. Así se explicaría o tal poema (non se consola quen non quere).
Fecha: 22/10/2004 21:31.
Autor: dorvisou
peke, de Ahí aqueles versos que decían: ama, cala e atura.
Do amor xa falaremos outro día.
Moitos bicos as duas
Fecha: 23/10/2004 21:27.