Blogia
DoRViSou

ouTRaS HeRBaS

<center>ouTRaS HeRBaS</center>
Darwin tomaba opio para calmar as dores, joyce consumía cocaína para os seus problemas oculares, Nietsche atiborrábase de brevaxes, Aldo Huxley... i este non sei que toma, pero onte mireino pola mañan, nesa hora da pava, con un grande golpe na cara que aínda rezumaba sangue e dando tumbos ao camiñar.
Fai uns anos tiven unha boa relación con el. Moitas veces íamos paseando e sentábamonos en calquer terraza do Porto dos Cristianos a falar da vida, da locura, dos sonos e ve-la xente pasear dun lado ao outro, como nunha película muda onde todo sucede fóra de ti.
Si, onte mirei-no outra vez pasar. Pasaba como unha folla seca de carballo bailando ao son do vento...
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

3 comentarios

peke -

Así está perfecta. :)

dorvisou -

Eu a mediados dos oitenta tiña un bar de copas na Coruña e algúns esnifaban cocaína na mesma barra, diante de min i eu non sabía que era aquelo. Menos mal que sempre souben disfrutar da libertade de decir NON, GRACIAS.(anque esto non quere decir que non a probara).

No meu ordenador a foto vese bastante ben. Non percibo eses cadriños dos que fala, que si son pixeles. Ao mellor é debido a resolución da pantalla do seu ordenador. Non o sei, eu neste terreo sonlle, como vostede, un aprendiz. Dese conta que esta fotos da canon 10D teñen antre 1.50 MB e 2.50 MB e no meu blog só me permite colgar as fotos con un máximo de 20 k. De ahí que teña que rebaixallas moitisimo até gardalas con moi pouquiña calidade para que me permita postear imaxes.
Vou intentar poñela máis pequena a ver se pode, como din en Pontevedra, mirala mellor..

peke -

Freud tamén tomaba cocaína e cóidabaa estupenda para a lucidez mental. Aínda non se coñecían os efectos secundarios que provoca. A principios do século XX causaba furor entre os ricos.

Na foto nótanse os cadradiños (¿chámanse píxeles?). ¿Por que?
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres