Blogia
DoRViSou

TaBeRNa PaRa uN aMiGo

IMG_1688

ZooM

Taberneiro: e a onde vas?

Rod Cameron: quen sabe !

Taberneiro: Un bonito lugar, coñézoo !

Rod Cameron : pois eu aínda non, paisano. (Do filme A Dona Da Fronteira)

Non é doado atopar tan poucas palabras que resuman tan ben a minha alma de taberneiro.

Falei xa hai un tempo desas estranhas sensación que teño de haber estado paseando algunha vez polos xardíns de Versalles, navegando nunha góndola polos canales de Venecia ou mesmo sentado no rísco dun penedo nos fiordos noruegos.

Ser Taberneiro é un privilexio. Os taberneiros, somos polo xeral, xente de grande sabedoria popular e amplos coñecementos de cultura xeral. Os taberneiros antes de abrir as portas do local repasamos a cotización da bolsa, política internacional e últimas novidades no mundo do deporte. As nosas primeiras interlocucións son tímidas e vacilantes, pero ao longo da mañán xa van tomando consistencia e credibilidade para rematar, pola tarde sendo do máis convincente.

O taberneiro sempre canta a mesma canción, só cambia o estribillo, porque sabe que non hai dous clientes que se parezan. Un chega e pide unha cervexa, acende un pitillo e baixa a mirada para perderse antre o lixo das colillas e os papeis dos azucarillos, mentras cavila en si mesmo. Outros, chegan, piden un viño e buscan a calor das palabras amigas, por non andar nen tansiquera con eles mesmos.

Os taberneiros somos xente de criterio, sempre falamos de cuestións de estado con políticos, xuices e abogados. De sanidade con doutores e especialistas, da violencia de xénero cos taxistas e de putas cos proxenetas...

Do que non falamos case nunca, eso si, por non ter con quen facelo é do medio ambente.

Adicado a un home grande e xeneroso que nos abandonou para sempre. Ao meu amigo Garzón Blanco que se foi sen contarme o derradeiro chiste nen beber da minha vindeira queimada.

Hoxe, lonxe da terra hai festa...

 

8 comentarios

peke -

Tes un meme no meu blog. Se che prace e tes tempo.

Paco Penas -

Claro que si, meus amigos. Claro que hai taberneiros de diferentes cores... pero eu, nun arrebato de amor propio, fixen un canto á espranza.
Bicos a todos e pido perdón polo silenzo e ausenza.

Carlos Sousa -

Ahi, ahí. Hai taberneiros e taberneiros, o normal é que che vaian coñecendo e actúen como a tí che gustaría (un sicólogo, como dí o raposo) pero tamén hai o típico que se cree intelixente de máis e o único que fai é vacilar ou joderte. Sempre queda a solución de cambiar de taberna.

Estexa onde sexa, penso que ese home tan xeneroso que non che vai provar a queimada, desexaría que fixeras a troula esa, e convidaras algúns amigos, para beber na súa honra. Xa sabes, tí avisa.

peke -

De acordo en todo o que dis, pero hai taberneiros e taberneiros...

O Raposo -

Os taberneiros son pais, amigos, confesores, e sobre todo analistas e sicólogos. Saben por pequenos detalles, por síntomas inapreciables captar o estado de ánimo do cliente e actuan en base deso.
Os parroquianos do bar e o mundo precisan deles. Que non falten!!!

Paco Penas -

ah! en Porto tudo bon. Aínda parece que recenden aqueles oportos reservas e o bacallau :-)

Paco Penas -

Pedriño, nesta profesión fai falta moito amor propio. Intentei facer unha loanza ao meu traballo pensando sempre en ese home que pasaba os seus días felices entre Santander, Palma de Mallorca e Tenerife xunto coa sua dona. Un cliente e amigo, con un sentido do humor e da amistade prodixioso. Unha das cousas polas que estou moi agradecido a esta profesión é a de poder coñecer e compartir con xentes así.

paideleo -

Os taberneiros saben muito anque sexa indirectamente.
Ese compañeiro gustaría de estar en Porto desfrutando do bo viño.