JHaSTaNDo JoMa
Eu sabía que as cousas andaban mal, pero tan mal, tan mal non o sabía...
Mentras viva non esquencerei aquela tarde de Domingo na Solaina de Piloño. Remataba a sexta forxa literaria, un recital músico-poético pechaba aquelas actividades enmarcadas nos encontros culturais no rural. Celsiño, Antía Otero, Carlos Negro, Raul Gómez, María Lado, Vázquez Pintor, Martín Marticorena, Emilio Ínsua, Jorge garcía Porral entre outros, fixeron tremar o ceu e a terra coa súa arte. Alí estábamos os incondicionais da fundación, entre sesenta ou setenta persoas, algúns nenos e xa puretas ou nas portas de selo, pero ningún rapaz antre dazaseis e vinteecinco.
Un pouco máis tarde, despois da degustación que non brindou Xosé Molina (Decano do centro de estudios da Filloa de Merza) baixei cuns amigos cara á Ponteledesma e a poucos metros no SAMBAR, lugar de encontro de mozos e mozas da comarca, había unha marea de rapaces xa borrachos perdidos no lusco-fusco da vida. Rapaces que tamén podían disfrutar dunha tarde de poesía, de música e despois beber ata caer de cú, ou non?
Pero bueno...sei, porque tamén fun e aínda son "novo", que a ninguén se lle vai facer ver máis luz da que leva dentro, mais algún sentimento de culpa ten que aflorar de nós mesmos, sabendo que somos pais, cando a nosa xuventude ten que limitarse só a beber para divertirse e pasar as tardes do Domingo. E todo isto ben a conto deste video, que me chegou aos ollos vía Moure, dunha xente da minha comarca facendo animaladas e poñendo en rísco a vida doutros.
(Xa sei que máis dun dirá, Xente de Lalín, xente ruín...)
A Manuel Lugrís non lle faltaba razón naqueles versos que decían:
"Que estou vello...
Xa quixeran moitos mozos sentir
as arelas de gloria
que se agochan en min"
8 comentarios
jordan shoes -
Cheap Jordan shoes -
Paco Penas -
Graciñas a todos pola visita.
Carlos Sousa -
Un saúdo
Chousa da Alcandra -
Ninsesabe -
E, ó mellor, tiña razón.
Coma Lugrís.
Meris -
paideleo -
Tamén oir voces de nenos pequenos que estaban nese espectáculo.
Enfin...