PRaCeReS CoTiáNS
ZooM
Vía PEKE chegoume fai xa uns días un meme. Trátase de falar desas cousas que ocorren cáseque todos os días,
e por elo, non lle damos ás veces a importacia que de verdade se merecen.
A primeira, e unha das máis reconfortantes, son sempre os bicos dos meus. Ese bico da minha "artista pequena" cando chego á casa cansado de traballar. Ese querote papá do "artista grande" e fregaplatos da foto, cando quere algo, jeje. Sen esquencer desa doce mornura na cama ao espertar de alguén, que sempre está disposta a entender, a perdoar, a bicar e a querer... sen preguntar.
Outra ledicia é esa refrescante sensación do baño na praia despois dunha boa camiñada e que xa se convertiu nunha necesidade fisiolóxica cotián.
Fai uns anos, na Galiza, un dos meus entretenementos preferidos era tumbarme nun prado mirando como medraban as herbas. Agora, en Canarias, metido nos cuarenta, gosto de estarricarme na praia á ollar medralas unllas dos pés. Tamén devezo por tirarme no sofá e xogar a non pensar en nada.
Tampouco quero deixar pasar desapercibido o disfrute dun manxar ou dunha copa de viño. Antes de comer unha mazá preciso sonhar con ela. Antes de darlle unha dentada xa a disfrutei no pensamento. A min, comer x comer non me vale. Vivir x vivir tampouco.
Eh, tamén hai outro tempo orgásmico que ben merece boa nota. Ese honroso intre no que apagas as luces e pechas a porta despois dunha longa xornada de traballo. Para este non teño palabras :-)
Non sei xa cantas cousas contei, pero unha das cousas que máis satisfeito me deixa cada mañá é espertar e sentirme vivo. Unha das cuestións vitais para seguir posteando e, posiblemente, unha das razóns pola que estou escribindo e reflexionando neste meme da vida.
¿Ou sera todo un sonho...?
O mesmo que peke, non acostumo a nomear a ninguén, pero desta si que me apunto e pásolle a hot baloka a:
Ninsesabe, Chousa da alcandra, Costa dos arrieiros Merís
E como non, tamén a neta de Allegue e do Santo
4 comentarios
Ninsesabe -
Como tiña esto un pouco abandonado non sabía da túa invitación. Tes que perdoar.
Unha aperta
Paco Penas -
Chousa, vexoo moi sensible, nótase que é vc dos que sempre le as letras pequenas.
Apertas e bicos.
Chousa da Alcandra -
No de facer o meme...son un perguiceiro e ademais, como te trabucaches poñendo o link da Chousa, voume declarar incompetente...
peke -