
Autor: muralla
Encantoume a cartiña a o camareiro...jajaja.
Pero gustame máis o que tú dis do teu oficio.
Bicos. Muralla.
Fecha: 16/01/2005 21:16.
Autor: dorvisou
¡Muller, ser camareiro é algo máis que unha sensación!
Poderíamos falar moito deste asunto pero hoxe, hoxe chove no sur de Tenerife, fai vento e as cumbres do Teide estáb nevadas...hoxe é un día maravilloso para o meu estado de ánimo e paréceme pouco ético falar do traballo, ¿non che parece?.
Gústame o que fago anque non sei se fago o que de verdade me gusta. Ao mellor quixera ser taberneiro como Avilés de Taramancos ou algo asi.
Biquiños mollados.
Fecha: 17/01/2005 16:36.

Autor: pepe penas
Os camareiros son coma pozos acugulados de experiencias e sabenza. En Santiago lembrome de un camareiro que xa pasaba ben dos setenta anos, sempre coa sua paxarela;era moi coñecido polos estudiantes; ademais de facerlles prestamos namentras non chegaban os cartos dos pais, sabía de moitas cousas. Dunha vez preguntaronlle cal lle parecía a millor maneira de decompoñer a agua para así poder separar o osixeno do hidroxeno.
Vos sabedes que as moleculas do hidroxeno son mais pequenas cas do osixeno ¿non?
Pois e moi doado: furades un caixón con buratos pequenos por debaixo, enchedelo de auga e como as moleculas de osixeno son meirandas cas do hidroxeno, unhas quedarán no caixón e as outras pasarán polos buratos. Chamabanlle Dn. Alfonso e era amigo de todos.
Fecha: 17/01/2005 19:21.
Autor: dorvisou
Eses camareiros dos que falan eran testigos de que os nenos se facían homes. Hoxe moi poucos aguantan quince ou vinte anos no mesmo sitio. Eu sempre me lembro dun home que traballaba no torre esmeralda, unha churreria da Coruña que abría toda a noite. Alí íamos as cinco da manan a comelos churros e aquel home era todo un personaxe. Non recordo o nome.
Fecha: 17/01/2005 20:36.
Autor: Samo
camareiros... por que sempre teñen ánimo pa vasilar ao persoal??? fan un cursiño??
Fecha: 21/02/2005 12:09.
Autor: dorvisou
Brocco, a verdade é que o noso "ofisio" está pasando por un momento chungo. Os cociñeiros están a facernos sombra coa sua esmerada laboura e por outra parte poucos empresarios apostan pola creatividade no restaurante,todo por non ter máis e cualificado persoal porque alñgunha cousa máis si poderíamos facer.A nosa función coñecese en termos coloquiais como a dun transportista.
Un saúdo.
Fecha: 25/02/2005 11:51.
Autor: dorvisou
Samo, sempre temos ánimo porque sabemos que quén "vasila" primeiro, vasila duas veces.
Agora fan cursiños de camareiros,2000 horas ou tres meses. Algúns estivemos cinco anos,non sei cantas horas son...e algúns non chegaron a saber facer unha coca cola, tiveron que darse por contentos con aprender a abrila botella.
Fecha: 25/02/2005 12:04.