Autor: dorvisou
peke, hoxe non puden ser coherente coas minhas ideas. O día estaba era estupendo para un cocido mais as obrigas laborais fixeron que comese unha, tamén deliciosa, paella valenciana. Xa sabes que para un cocido cumpre que sexa un día de festa.
muralla dos meus amores ¿non serás tamén unha boa cociñeira? O que puxen eu foi os ingredientes, a elaboración conleva o seu arte e oficio.
Fecha: 31/01/2005 01:57.
Autor: dorvisou
perdoa muralliña,e que como estaba repetido o teu comentario quixen borrar un e desapareceron os dous. ¡cousas do perello!
Fecha: 31/01/2005 02:09.

Autor: caladinha
A avoa cumpliu coma sempre: grelos, patacas, garbanzos, chourizo, cabeza, orella, lacón, vaca, galiña... E unha pota chea para que coma pola semana!
Fecha: 31/01/2005 18:15.
Autor: Xose Manuel Meijome
Home non!!!. O día foi o xusto para un cocido. E, nesta ocasión, pesou menos a politica ca de costume ¿ou sería que eu andiven mais ocupado?; non sei, é igual. Bo proveito.
Fecha: 14/02/2005 20:23.