HouBo uNHa VeZ...

virutas_05.JPG
Nun tempo houbera alí, xa se sabe, árboles, herbas, flores. Chovía. Verdeaba a tona da terra. Abrollaban asa froitas e os froitos. Facían o seu niño e cantaruxaban merlos, papuxas, estorniños... Ían e viñan as bolboretas e, no xergón de follas murchas que amarelaban o chan no Outono, rebulía por veces algunha cobreguiña rebuldeira ou solazábase un lagarto arnal.




Pero onde el vai que as cousas foran así. Só o recordaban con morriña, os máis vellos, que andaban a contalo unha vez e outra e a doérense do que logo sucedeu.
Todo ocorrera en poucos anos. Aconteceu que calquera podía facer unha casa. Calquera podía estarricar paredes contra o ceu...
Texto:Xosé Neira Vilas, (o home de pau-1998)
13/03/2005 13:08

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: muralla

Preciosas fotos pra un precioso texto.
Gústame moito Neira Vilas. O primeiro que lin del foi Memorias dun neno labrego, que me encantou...
Bicos. Carmiña.

Fecha: 13/03/2005 22:27.



Autor: dorvisou

Memorias dun neno labrego foi un libro que recibín das própias mans de Neira Vilas como premio a un traballo manual que nen o fixera eu, fixérao meu avó, unha cucada de arado de pao.
Hoxe ao espertar, púxenme a ler "o home de pao" que era o único libro del que me faltaba por ler e cando cheguei a este texto deseguida viume a cabeza esas fotos. Así deste xeito naceu o post, sen cesárea nen dores.
Bicazos muralla.

Fecha: 14/03/2005 02:30.


gravatar.com
Autor: machi

Neira Vilas foi todo un referente na literatura galega nunha xeración, nos primeiros anos nos se empezaba a estudiar a língua era lectura obrigada, aínda parece que oio o son das zocas do neno labrego pisando a aldea. recomendo visitar a súa fermosa biblioteca en Gres.
un saudo

Fecha: 14/03/2005 14:58.


gravatar.com
Autor: peke

Xa sabes que me encantan as túas fotos. Estas son soberbias.

Fecha: 14/03/2005 16:19.



Autor: dorvisou

Eu non tiven a sorte de ter unha asinatura de galego nos meus tempos de estudante. Fai uns días estiven ollando os dun sobriño e de veras que sentín pena delo. Memorias dun neno labrego foi o meu primero catecismo.
Un bico.

Peke, a min tamén me encantan moitas cousas que ti fas e das que sempre aprendo algo.
Outro biquiño.

Fecha: 15/03/2005 00:37.


Añadir un comentario




No será mostrado.








DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]