Blogia
DoRViSou

2005 veces adeus...

<center>2005 veces adeus...</center>

Hai xente que se enterou pola radio, a outros contáronllo por teléfono, algúns lérono nos xornais, e os máis despistados, que sempre os hai, enteraranse mañan.

Esta noite moita xente morrerá rebentada e desangrada antre os ferros dun coche, outros esnaquizarán a cabeza ao caer polas escaleiras dunha discoteca ou contra o recanto dun penedo, moitísimos terán que empuñala palma da man na boca do estómago para non vomitalos fígados... xa sei que todo soa un pouco forte, é o que ten a realidade cando é visceral. tamén é certo que moita xente "morrerá" de pracer, pero botando un polvo deses que faga tembrala terra para despedilo ano e escomenzalo outro, algúns vivirán a noite máis feliz da súa vida bailando e ata ligando, moitos se aburriran coma nunca pero manán levantaranse convencidos de que foi unha noite especial. E outros, os poucos, serán quen de ata superar un control da garda de tráfico...
¡Eu, eu...cústame crer que faga tembrala terra, como moito, no millor dos casos, levantareime pola mañá convencido se que foi unha noite especial. Tampouco é o pior!
Feliz día e mellor noite a todos os meus amigos.


¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

12 comentarios

Paco Penas -

Graciñas Rocio. Tampouco vou perder o tempo en pedir moitas cousas. Un mundo máis xusto e millor repartido, ¡case nada!
Bicos e coida do da moto...jeje

¿O Maycar?...mecajonomundo, non me trae recordos nin ná. Non sei como está agora, daquelas das que che falo eu escribíanse alí a novela nejra e a rosa toda xunta nesas noites longas do inverno.
Que te mellores haikuiano.

Paco Penas -

Peke, o mesmo che desexo corasom. Saúde e moitas raiolas de sol.

Acedre, a resaca foi bestial, e o festival tamén. Este ano douseme por sacarlle fotos os amigos, xa podes maxinarte que marathon.
Eu tamén che desexo do bon, o millor.



Paco Penas -

Si nos quitan os soños só nos quedaría o sono...para olvidar, vamos.
Bicos cantos queiras.

Marinha, espero que o 2006 teña de todos eses intres e non algún tan horrendo como tivo o 2005.
Bicos a máis non dar.

J. Manu, ás veces tamén o pasas ben aí sentadiño con esas vistas que tés a praia dr Riazor, ou esas cousas andantes que suben as veces por esas escaleiras de caracol. Non vou dar máis pistas...
Bicos para ti non teño...jaja




eue -

Eu paseina fodendo coma un coello e co estómago desfeito polo gharrafón do Maycar a partes iguais.

Bo 2006

Rocío -

Feliz ano e espero que sexa mellor para ti e para a tua familia,ojala s ecumplan todos os vosos desexos. E sexades felices.Unha aperta de parte miña.Bicos para todos ...

acedre -

Pois que a resaca non sexa dura e o millor para ti e a tua familia neste ano que empeza.

peke -

Felicísimo 2006.

JOSE MANUEL -

EU PASO A MEDIA NOITE NO HOTEL
ENTON A CABEZA NO A PARTIREI E UN CANTOS-AS XA OS ESCOITEI
QUE FACIAN TEMBLAR A RECEPCION
BESIÑOS FELICES FESTAS A TI E OS TEUS

Paco Penas -

Eskerrik asko eta goian bego(los que no participan de esta queimada)...jaja

Artipractor -

Zorionak eta Urte Berri On!!!

Marinha de Allegue -

2006 intres de Saude,
2006 intres de Paz,
2006 intres de Amor,
2006 intres de Conversa,
2006 intres de Relax...
UN 2006 Cheo de tenrrura.
BeiJoS e ApErTaS dende o 2005 ata o 2006

Muralla -

Ay, Paquiño, de soñar tamén se vive...
Bicos grandes e de mel para acabar e empezar o ano.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres