O xornal anunciábao: nubes na cabeza para hoxe e mañá, con neboas ao mencer...Séchu Sende en Made In Galiza
¿Porque será que os galegos temos fama de andar coa cabeza nas nubes, ho?

Autor: Manuel Busto Galego
Evidentemente as nubes están riba das nosas cabezas moitas veces. Outras, somos tan ousados que nós mesmos nos metemos dentro da nube. Vivir nas nubes pode ser sinónimo de vivir en Babia.
Benditas nubes que adornan o ceo sa túas fotos e o horizonte das nosas miradas.
Moitas apertas, Paco
Fecha: 26/09/2007 18:54.

Autor: peke
De alta voltaxe son as túas fotos, Paquiño. Non te preocupes polo outro que era para meterme contigo despois da túa pequena maldade. Ademais, a estas alturas non che me escandalizo con facilidade, meu, que xa son cincuenta sobre o lombo. ;)
Fecha: 26/09/2007 19:44.

Autor: paidelo
Eu penso que é lóxico: temos os pés para andar por terra firme, as mans libres para traballar e amar e a cabeza no alto e cerca do ceo para soñar.
Fecha: 26/09/2007 22:12.
Autor: Paco Penas
Xa o vexo, as nubes para os galegos son algo máis que nubes.Cada galego ten unha nube na cabeza :-)
Fecha: 27/09/2007 21:25.
Autor: Paco Penas
Meu Pepiño, ¿e que sería de nos sen paraugas?. Para os galegos o paraugas é como unha articulación máis ou tanto sirve como arma de defensa, como punto de apoio, como para indicarlle o camiño a un descarrilado :-)
Unha forte aperta.
Fecha: 28/09/2007 21:07.