Blogia
DoRViSou

PoLBo á FeiRa

Pota de Cobre

Ás veces, cando miro ese polbo xa cocido e cortado envasado ao vacío nas tendas, danme arrepíos. A min o que me gusta é comelo na feira, que che sirvan o pan e o viño sen preguntar e compartir mesa longa con descoñecidos. O máis curioso pasoume este pasado verán na feira do doce, na Golada, ao pidir a conta díxome a señora, "O pan e o viño sonlle dúas mil pesetas das de antes..."

¡Viva María Castaña !

NOTA DA EDITORIAL : Como teño pendente unha invitación da Rapaza do Arco para contar oito cousas que me pete, deixo este post como primeira declaración dun amor enfermizo polo polbo á feira :-)

 

Polbo á Feira

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

5 comentarios

Furafollas -

jajaja. Canta razón tes... que un bó polbo á feira, e na feira, non ten prezo. Ahora que, comelo na praza do pobo cun bo refresco tampouco o ten... Pero xa me dirás ti, na época que vivimos de "todo embasado que sigue siendo sano", é un luxo poder disfrutar de algo tan sinxelo como iso, un polbo á feira, na feira. Biquiños.

Gloria -

Hola... Mmmhhh! que rico, me encanta. El otro dia fui de cena con amigas y lo pedí y surgió la discusión de cómo lo haciamos en casa si comprándolo congelado o apaleándole.

Saludos.

Paco Penas -

Zeltia, e que aquela campaña de markenting dos taberneiros de que non se podía beber auga co pulpo, facía e aínda fai estragos...jeje

Zeltia -

Cando eu era unha nena e ainda había feira na Bandeira, cada 15 dias comiamos alí o pulpo, que sempre lle chamamos o pulpo anque sexa polbo, porque miña tia tiña un "comedor" deses de ladrillo con mesas longas, y bancos que cando xa iba quedando pouca xente, se se erguía un do fondo, os outros por pouco caían de cú. Que bó estaba o pan mollado no aceite!, e non importaba que foras nena ou neno, alí botábanche viño con ghaseosa!! é ben fresquiño que estaba! despois entrábame o sono e dormia no coche de liña de volta para a casa...

Mercedes Seixo -

Que rico é o polbo á feira!!e a min como máis me gusta é se o como na feira non vale compralo alí e levalo pa casa na pota...o encanto de comelo alí xa se perde!!q fame me entrou o ler o teu post...jeeje.bikiñooooos
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres