Blogia
DoRViSou

SoRTeo TRaSTe GaLeGo

O meme do traste galego, un fenómeno da rede que traspasou ríos, montes e fronteiras, florece no día no que os galeg@s deciden o seu destiño político durante os próximos catro anos. Decidir é un decir, logo chegaran outros apaños.

Eu xa teño o resultado do sorteo do meme. Non foi antes porque os Sabados, a azafata do concurso non madruga , pero para poñerlle un pouco máis de suspense, deixovos que vexades o video prometido.

Parabéns @ afortunad@


 

 

11 comentarios

Barreira -

Felicidades ao afortunado/a. Saudos

Paco penas -

Home de pouca fe!!!!...Catro puntos son catro puntos... ou pasou aljo máis jrave?, dijo eu

Ninsesabe -

Cajonodemo, hoxe todo sae mal...

Paco Penas -

É para min unha satisfación moi grande comprobar que despois do 28 de Febreiro aínda queda vida e aire que respirar neste mundo consternado porque a Chousa Da Alcandra e a paideleo non lles tocou nada de nada. Gustaríame compartir con eles un dos dous queixos meus e ata a garrafa de vinho verde, pero coido que vai en contra das normas do concurso, en fin... SOLIDARIDADE.

Noraboa a Mer, xa falaremos, aínda quedan un par de meses pero que se vaia preparando :-)

Agradecer a xenerosidade de Alexandra por compartir con todos. Un bonito xeito de sementar e irmandar.

Graciñas a CARLOS por estar sempre aí.

A Zeltia, que por proximidade sempre nos podemos ver polo verán e disfrutar dunha boa botella de viño do Ullla, cunha partida aos chinos para saber que rematará pagando e quen escojonandose...

BICOS E APERTAS A TODOS.

Zeltia -

ay, que emocionante o sorteo!, xa me vía eu por dorvisou adiante, despois de ter comido e bebido nese restaurante de Vila de Cruces que ainda non coñezo :(

que se lle vai facer!
gustoume moito o sorteo, a azafata ten dotes!!!!

paideleo -

Noraboa para Mer !.
Encantoume o sorteo, o bó tempo, a vosa alegría e ese acento engaialador de Iria.
Supoño que quedará para outra ocasión a visita turística a terras de Dorvisou.

Mer -

Qué ben!!! a mín que nunca me toca nada, non mo esperaba, a verdade. É o primeiro blogue que visito hoxe e mira tí qué ledicia.

Eu tamén quería grabar o sorteo e para iso penso que teño que esperar a estar na casa o luns, que o finde estou en Compostela. Xa verei.

Bueno, haberá que ver cómo facemos logo.

Felicitacións á azafata do concurso, que o fixo realmente ben.

Carlos Sousa -

Moi emociante o vídeo, a verdade que lle deches emoción, estábamos meu fillo máis eu intrigados co resultado.

Noraboa a Mer.

Esta semana tamén tivemos bo tempo, pero parece que vai cambiar.

A ver se vas ter que invitar tamén a Anxo Quintana.

Un saúdiño

Alexandra -

amigo Paco, com os meus sinceros parabéns ao vencedor do sorteio deste blogue, recomendo uma urgente visita ao meu! :0)
há lá uma surpresa - acho que é boa - à sua espera!!!
um abraço de cá,
Alexandra

Chousa da Alcandra -

Xa vimos o video!!!.
Despois de visto, so teño que felicitar a MER por ter gañado un dos mellores premios do Trasteo, e tamén á tua azafata.
Asegúroche que xa me sinto "mediogañador" por ter provocado a risa de Iria cando tivo que decir o nome do meu blog, así como o magnífico acento "guanchegalego" cando dixo o meu número...
E decirche que, precisamente hoxe, non envexamos moito a climatoloxía canaria; xa que despois de tomar o cafeiño temos pensado ir dar unha volta por estes paraxes marabillosos de...Antas de Ulla, nada máis e nada menos que...o Centro Xeográfico da Galiza!!!

(O de Quintana e Uxío estivo de p.m....)

Chousa da Alcandra -

Joder!!! Non teño xeito de poder ver o video agora; e secadra fun eu o afortunadoooooo.

Agora viña dicirche que hoxe, a iso das 18:00, podes sintonizar Radio Cornellà -puxen un link no meu blog-. No programa está prevista a participación dun activo blogueiro que tamén participa no trasteo. E sei de boa tinta que ten pensado facer o sorteo do seu Pan de Antas en directo...