O PoTe De PiLoÑo
O Mesón Restaurante " o pote " de Piloño é un dos meus referentes gastronómicos. Unha casa onde, ademais de reanimar corpos debilitados, reconfortan o autoestima e aguilloan o instinto da amistade.
Eu, cando chego a Piloño xa teño fame. Unha fame de raras sensacións. Os poros da pel ensanchan a minha felicidade facendo de sumidoiro cara aos sentidos. Se chove, chove, se fai sol, fai sol...
Peixe da ría e marisco do cortello, leitugas e cenorias da súa horta, filloas recheas de melindres e tentadores viños de pecadores bacelos. Cociña tradicional feita con ideas modernas.
Máis unha dos grandes tesouros que acaudala este facenda reside na nobleza humana de quen o goberna. Fai uns cantos anos forón Luis e María quen poñeron a primeira pedra do santuario. Na hora da comida, María metíase na cociña e luis, lito na man, servía con certa maestría. Despois, nas horas mortas, carretilla, pedra e cemento...
Hoxe, é X. Luis e Maribel quenes están ao frente do negociado. Xuventude, profesionalismo, ilusión, moito traballo...ingredientes suficientes que fixeron florecer, nesta terra de Piloño, outro oasis no deserto
Asi que xa sabes, antes de ir ao médico, proba coas recetas do mesón " O POTE" e chama ó 986 56 61 08 para pedir cita.
Para chegar podes facelo desde Santiago por Boqueixón, Ponteledesma, Camanzo...
Desde Lalín por Vila de Cruces...ou por Silleda a Vila de Cruces...ou A Bandeira, merza...
Desde Arzua cara á Dombodán, Portodemouros, Carbía...
10 comentarios
Paco Penas -
Sole, xa sei do teu amor pola terra.
Rubén, grazas pola visita.
Chousa da Alcandra -
(Non sufras moito, que sin cear non pasei; pero xa me leva ansia coñecer O Pote)
Rubén -
Sole -
Un bico
Paco Penas -
Graciñas a todos `pola visita. Nestes primeiros días de Setembro andiven un pouco afastado desta lagoa. A volta á casa da princesiña, a mamaiña, que como cada ano ven aos baños...
BICOS sen xeito para todos.
O Raposo -
eMi -
¿Podrías decirme quien canta en el video? Gracias Paco.
Chousa da Alcandra -
Meris -
Marinha de Allegue -
Apertas Paco