Blogia
DoRViSou

D. CaRNaL...

DSC01021

ZooM

Resulta que cando xa ninguén se acorda dos carnavales, no sur de Tenerife aínda o seguimos celebrando. Fora de tempo, si... pero deste xeito, Tamén disfrutamos dos de Santa Cruz ou dos de Puerto de La Cruz, que foi onde tocaron este ano.

E hoxe para despedir a D. Carnal fixen  un cocido galego que a pesar da resaca dun Domingo de celebracións, da calor e de certos perxuicios dalgunha xente as partes máis xelatinosas do noso querido porquiño, foi todo un exito.

E como non teño fotos do tenderete, anque pareza increible,  acompaño o post con esta foto que saquei onte no coso, e que me parece moi ilustrativa :-)

Bicos e apertas.

 

 

4 comentarios

0Ferreiriño de Paxariñas -

O que mais me gosta deste cocido son as bragas que levan nos cascos. auga na boca, grelos do nabo quencendo os sentidos traballando as intencións fervendo. sigue facendo Paquiño.

Chousa da Alcandra -

Vaia batifundio de pernas!. Xa non sei se o xamón é xamón, touciño ou lacón (léase tamén en fiminino...)

Paco Penas -

Cando apostei polo cocido facían un tempo frío, o día do cocido fixo calima e hoxe choveu, ¿que queres que faga?, eu non teño a chave para regulalo :-)
Aínda así resultou un exito, algúns non comeron, pero é que tampouco eu teño a culpa que nos seus paises imperen outras culturas gastronómicas.

Barreira -

Pero quen pode pensar que o cocido non se merece un trono?.
Ainda que faga calor o cocido galego é a nosa bandeira.
Saudos