Blogia
DoRViSou

ESMoLaS e FiNaNZaS No CoRPiÑo...

IMG_0601

ZooM

Díxo o meu amigo Manolo de Turces, despois de visitar o centro de finanzas da nosa señora do meigallo, ¿ non coñeces o timo da estampita?, pois eiquí, no Corpiño, parece que o teñen legalizado . Ti daslle un puñado de maravidis e eles unha estampiña...

IMG_0730

ZooM

6 comentarios

Paco Penas -

Caladiña, que se mellore muller, que disfrute desta vida como se non houbese outra...
Dende logo para esa vacante non che val valquer chamán.

Pedriño, eu non entendería un acto, sexa da disciplina que sexa, sen canapés :-)

paideleo -

Á xente gústalle sentirse protexida...e máis se hai polbo e churrasco.
As fotos son de premio, coma sempre.

caladinha -

Escoitei por esa familia politica que tenho no Corpinho que o cura esta no hospital con non moi bo prognostico e que a vacante esta xa bastante disputada entre o Sanedrin local... Non sei canto ten de certa a cousa.

Paco Penas -

Moi agradecido, peke. A min tamén me gustaría pasar máis tempo nas visitas aos blogs amigos para deixar comentarios pero en moitas ocasións paso sen deixar rastro.
Bicos e apertas.
Chousa da alcandra:
A verdade é que un dos motivos polos que estiven polo Corpiño, ademais de comelo polvo ou os callos( que por certo, nunha taberna que está onde escomenza o carreiro que nos leva ao santuario son para mollar o pan e chupalos dedos) foi o de facer fotos. Polo tanto, debería limitarme a mostralas e deixar de frivolizar sobor de certos asuntos, pero é que levo uns días investigando no tema e cústame moito non dicir nada.
Xa sei que pode ser un territorio delicado e resbaladizo, tentarei ser un pouco máis comedido.
Unha aperta e moitas grazas.

Chousa da Alcandra -

Habíache algo de psicoloxía para ter tan ben montado o tinglado. Agora, co paso dos anos, outros tamén montaron o chiringo ó abeiro dun título universitario...
Somos débiles e precisamos que nos estafen de cando en vez!
(Ten tino co cura do Corpiño, que seica ten unha garda pretoriana semellante aos "Miami"...)

peke -

Paso por aquí a saudar e mirar as túas fotos e textos. Ultimamente non teño moito tempo para bloguear, pero lémbrome de todos vós. Bicos.