O VaTiCaNo GaLeGo...
O santuario da nosa señora do Corpiño erixiuse con licencia do Vaticano nunha pequena república onde á conta dos parvos coma min, sanean as maltreitas contas da igrexa.
Eu non fun ao Corpiño empurrado pola minha empanada mental. Non, eu sempre vou ao Corpiño seducido polo morbo que me dan as festas onde se mestura o pagá e o cristiá, a curiosidade e a devoción, a música é a procesión, o pulpo e o churrasco...
Deseguida se dou conta delo o famoso cura do lugar porque cando entrei na igrexa, as nove da manán, colgando do peito a minha cámara de fotos, apuntou ben clariño e alto "que aquelo era un lugar de culto e rezo e que por iso, os curiosos estarían mellor fora". Un pouco máis tarde, aproveitando da omnipresente garda civíl, intentou intimidarme ao pedirme polo baixiño que deixara de seguir disparando.
Aquel desmedido interés cara á minha persoa escomenzou a intranquilizarme, e moito máis despois de escoitar nunha taberna do lado, que ata os cans máis ruíns fuxían cando avistaban ao cura
Continuará...
3 comentarios
Pedro -
:)
Paco Penas -
caladinha -
En canto a visita ao santuario, ese mesmo morbo polo que ti dis visitalo unido a un sentimento de atoparnos ante os ultimos vestixios dun mundo que se desfai, estanos levando a un grupo de xente a ir cada ano o dia da romeria, ainda que este ano non puidemos. Do ano pasado e esta reflexion dun meu companheiro e as fotos de outro http://trapobana.blogsome.com/2007/06/27/a-companha/
http://picasaweb.google.es/agiraldezsoage/RomariaCorpinhoJunho2007 Por sorte, o cura non nos ceibou os cans nesa ocasion.