Cando eu nacin o mundo xa estaba feito,
xiraba sempre do mesmo xeito
e pouco puden facer por cambialo.
Neto de caseiros, fillo de emigrantes...
Nacin nunha aldea que se chama DORVISOU.
Unha aldea chea de fontes, muiños, corrupas e corrupiñas.
Unha aldea na que, cando sae o sol, aínda rechouchían os paxariños.
Hoxe, cinco anos despois, tecleas Dorvisou e atopamos o siguente "Resultados 1 - 10 de aproximadamente 31.500 de dorvisou. (0,08 segundos) ". Claro, que tamén teño que agradecer a grande colaboración do amigo e paisano Pepe Penas en
Costa dos arrieiros e outros blogs como "
o gremio de Dorvisou ", "
fortuna vicio e demais familia " Sen esquencer a man de
Sechú Sende , conspirador e culpable destes dous últimos blogs, froito dunhas actividades escolares. Magoa que non os seguiran actualizando. Agora ben , tendo en conta que en DORVISOU non se pode conectar un a internet por mor deses teléfonos terceimundistas da epoca do Sr. Fraga, Dorvisou, posiblemente sexa a aldea máis cibernética da Galiza.
E para rematar o meme hoxe, un aturuxo para todas as aldeas do mundo.