Blogia
DoRViSou

iR PaRa NiNGuReS

<center>iR PaRa NiNGuReS</center>
Os nenos da aldea cando tíñamos que facer algún recado sempre nos decían, que se atopábamos con alguén polo camiño e nos preguntaban que para onde íamos, lles dixéramos que para ningures.
E agora, con cuarenta e un anos, xa vou entendendo aquelo de que os nenos da aldea sempre van para ningures. Será que xa estou chegando.
Saúde e terra, compañeiros.

7 comentarios

dorvisou -

Gracias thirthe pola tua visita. Os que fomos nenos da aldea sempre veremos o mundo con outros ollos. Nen mellor nen pior, só con outros ollos.

thirthe -

ehem, a anónima son eu.

Anónimo -

ola, dorvisou, creo que nunca comentei aquí. Non sei. Non está mal ser a primeira. Coma nena de aldea decídome a entrar e direite que a min o que me dicían era que non me parase con ninguén, que fose ao meu camiño. Non facía caso, claro, e ía por onde cadrase, sempre lonxe o do camiño. Xogando aquí e alí.

pepe penas -

Non iamos para ningures nin viñamos de ningún sitio..estabamos alí...

dorvisou -

Aos nenos da aldea sempre nos quedan certas cicatrices que non chegan a cerrar de todo. Eu, aínda cando escoito falar do home do saco, bótanseme a correr as pernas soas.
Eu son dos que afronto o medo con moita siceridade. Sempre digo "ti tranquilo que eu estou temblando.
O medo anula toda capacidade de respostas. Seino moi ben gracias a un ataque de pánico que me levou curalo cerca de un ano e cando estaba xa ben tropezo cos pes dun "fillo de puta"( que descanse en paz para sempre) que se aforcou para facer mal os demais. Foron duas situacións moi violentas que non lle desexo a ninguén.
¡Non me fagades contar estas cousas,por Deus!

dorfun -

...conta miña nai, que de pequena, indo pola estrada de braelle a ortigueira, paroulle ó seu carón un camión. Agora pensa que para preguntar por algún sitio, daquela tirouse a correr monte abaixo, porque eran os tempos nos que secuestraban ós nenos para quitarlle os órganos, dicían... Cantos nenos seguirán a correr monte abaixo hoxe en día?

paleón -

Boa resposta... pero se se repensa un pouco pode ser todo un tratado de respostas existencialistas