MaR aDeNTRo
Atopéime con un Ramón Sampedro de poucas e profundas palabras, que con certa retranca sempre alcanzaban á máis sublime das mensaxes.
Eu, que nestes últimos anos só vou o cine nas sesións infantiles, quedei satisfeito. Gústoume e quédome coas sensacións anque non sexa quén de transcribilas aquí e agora.
Só decir que ao sair encendin un pitillo, non co pretexto de que me matara, cruceime con un señor que ía en silla de rodas, pasou unha ambulancia nunha emerxencia e mesmo cando arranquei co coche tiven que cederlle o paso a un cura, facendo toda esta realidade que me sentira, por un intre, un pouco confuso neste mundo. Volverei ó cine e que se vaia preparando Pawley que vai quedar sen choio. Non é unha broma (quería decir "non, é unha broma)
3 comentarios
peke -
(Coñezo a historia pero non vin a peli).
dorvisou -
Si peke, en duas mañans fun capaz de sacar unhas catrocentas fotos. A tarxeta da cámara tiña unha capacidade para setecentas, eu ía como un tolo cunha metralleta disparando contra todo aquelo que se movía ó meu arredor. Esta foto saqueina poñéndome na punta dos pes para superar un pequeno valado dunhas obras. De ahí que lle falte un pouquiño de nitidez, anque a min me gusta.
Por certo, envieiche un correo e fóime devolto, algo faría mal, volverei a intentalo...
pepe penas -