
PHoToFRiDaY
Cando chegan estas datas somos moi dados a facer un pequeno resumen do acontecido ao longo do ano. Para moitos o millor día do ano foi onte, e senón que llo pregunten a catro do concello de Carballo, Santiago ou Vigo. Para algúns será hoxe e para moitos outros será mañán...
Para min o ano 2007 foi un ano dos máis laureados, un ano de recoñecementos, de premios... que só poden servirme de acicate para traballar con máis ilusión. Onte mesmo falaba cun amigo e dicía "esta semana foi tremenda, estou esgotado, vacío...." despois quedei pensando noutras cousas e cheguei a conclusión de que era moi afortunado, teño amigos que me queren tódolos días, unha familia chachi piruli, unha capacidade de sofremento que me acalma na penas. Teño unha aldea, teño un soño ... e hoxe, por ter ata teño vacacións e todo. ¡Que más se pode pidir!
No 2007 destacaría a entrega dos premios gastronómicos diario de avisos.
A entrega do "diploma e medalla amigo da Solaina " pola Fundación Casa museo A Solaina de Piloño.
Exposición fotográfica no centro cultural do Valle San Lorenzo , Arona.
Exposición Centro Cultural de Parque de la Reina , Arona
Exposición de fotografías na Fundación A Solaina de Piloño , Pontevedra
Exposición fotográfica na sala Paco Lareo do auditorio de Vila de Cruces , Pontevedra.
Aparte de xogar coa Wii ca minha filla, axudarlle a facer os deberes, colaborar un chisco nas tarefas da casa e aturar longas xornadas de traballo como taberneiro.
¡No 2008, a polo príncipe de Asturias, como non!
Felices Festas a todos.

Autor: torredebabel
pois enton, non queda mais que agardar un 2008 ainda mais xeneroso e cheo de motivos para festexar. Boas festas!
Fecha: 23/12/2007 21:59.

Autor: Mercedes Seixo
Parabéns por tódolos logros do 2007, alégrome moito!deséxoche o mellor pro ano que entra!!bikiños e boas festas
Fecha: 25/12/2007 14:08.

Autor: Sergio Vargas
Felices fiestas desde Bilbao !,que ritmo lleva esta gente , me tienen todo el dia borracho...Un abrazo y que el 2008 sea aún mejor!
Fecha: 26/12/2007 10:25.
Autor: Paco Penas
Un millón de bicos a todos.
¡Ah, e que o 2008 sexa moi xeneroso!
Fecha: 28/12/2007 23:59.

Autor: Ninsesabe
¡¡¡Noraboa!!!
E para o ano que ven non che vou desexar o Príncipe de Asturias (acórdate que son republicano), senón que sexa para ti como foi o 2007. Non pidamos máis, que a avaricia rompe o saco.
Así que saúde...¡e República! (a ver se cola)
Unha aperta.
Fecha: 30/12/2007 12:56.