HaBeMuS FoTuS...

IMG_0357

Non podía maxinarme este agasallo para rematar o ano. Modestia aparte, tampouco é que non o merecera :-(.
Onte e hoxe a minha fachenda non me deixou andar como os homes pola terra, vou como un anxo, nunha nube.
Xa como, xa non me doe a cabeza, xa non teño acougo...
Grazas, compañeira de viaxe, irei contigo ata ó Q do mundo. Grazas Uxio e grazas Iria.
¡Agora, véndese cámara de Fotos!
01/01/2008 22:12

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: Manuel Busto

Amigo Paco: Noraboa. Vólvese confirmar o refrán: o que non chora non mama. O teu estado de ánimo conmoveu aos teus para que che caese tan execelente agasallo. De rebote é agasallo tamén para nós, pois disfrutaremos dos froitos que obteñas coa cámara.
Apertas e bo ano.

Fecha: 02/01/2008 19:43.



Autor: Paco Penas

Eso espero, amigo Manolo. O cambio é grande, a D40 ten grandes ventaxas coa D20, pero estos magnates do dixital non queren deixar de controlar o mercado.Antes comprabas unha boa cámara e duraba vinte anos, agora...
Aínda estou a estudiar nela pero teño que confesar que esperaba máis, hai tres ou catro cousas que non son o que esperaba. De todos os xeitos, teño para ir tirando ata o día 17 que remate as vacacións :-)
Unha aperta.

Fecha: 02/01/2008 20:24.


gravatar.com
Autor: Checha

Noraboa!...Comproche a vella! Jejeje!

Fecha: 04/01/2008 16:50.


gravatar.com
Autor: peke

Noraboa!!! Agora a seguir sendo boíño.

Fecha: 05/01/2008 14:25.



Autor: Paco Penas

Checha, aos novos preferides as compactas, esas que se poden gardar no peto :-)
Peke, eu non podería nunca ser malo :-0

Fecha: 07/01/2008 00:03.


Añadir un comentario




No será mostrado.








DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]