CRuCeSaRTe
Hoxe tiña que falar de min pero non sei que decir...
Este pasado fin de Semana celebrouse no auditorio de Vila De cruces o Festival CRUCESARTE . A xuntanza inagurouse o día 23, coa exposición de pinturas de Paco Lareo (Piloño), Armindo Iglesias (Piloño), Lucía Dubra (Carbia) e Xosé Sánchez (DORVISOU). A escultura estivo presente no acto con obras de Xosé Sexto (Loño) e Xosé Taboada (Cumeiro) e da fotografía encargouse, Paco Penas (como non, DORVISOU). Pola tardiña actuaron as bandas locais de música, primeiro fixoo a Unión Musical de Ponteledesma e despois a Artística de Merza.
O Domingo, continuou o certame cultural das terras de Carbia, cos grupo de gaitas O ARCO DE Merza, PUNTEIROLO das Cruces, as corales de Cumeiro, Carbia Camanzo, o orfeón Nosa señora de Hoy-Vas, os gaiteiros de Tras Xoán de Cruces e pechou o festival Voces Da Terra xunto do Tenor Cesáreo torres (Carbia).
Unha xuntanza na que tiven o pracer de participar pero non o de estar alí presente, motivos laborales non me deixaron voar. Ben que o sentín, outra vez será.
Está claro, que ese rapaz da foto non son eu. É o meu querido corresponsal en Galiza, recollendo un agasallo e diploma a nome de D. Paco Penas :-).
Moitas grazas a todos.
6 comentarios
Paco Penas -
AURORA, minha prima, ¿cando nos veremos?...o meu corresponsal é Uxio, o meu fillo. Aínda imos ter que ir ao diario de Patricia para voltar a abrazarnos :-)
MANOLITO, JEJE, non esquencerei do día que o can me tricou cos dentes os negativos que tiña a enxoitar na eira.
MANOLO, o meu corresponsal anda cos seus primeiros escarceos coa arte. Ogallá se deixe arrastrar polo vendaval.
MERCEDIÑAS, disfruta desa xente, quen podera compartir anque só fose un café, os domingos pola tarde :-)
MOITAS GRAZAS A BICOS A TODOS.
Mercedes Seixo -
Manuel Busto -
De Crucesarte quero dicirche que non me acoprdei de pasar por alí pero vexo que tes o mellor embaixador do mundo.
Unha aperta.
Manolito -
Aurora -
Meris -
Eu conformareime con ver as fotos...