Blogia
DoRViSou

UNHa CaSa en CHaCHaHuí

IMG_0624


Ter unha casa en Chachahuí sobre do cume
do Cúndur-Cúndur que os incas bautizaron
polas grandes aves míticas. Ter unha casa en Chachahuí
e ver no fondo do precipício o Putumaio
brincar como un regueiro pequeniño.


Ter unha casa en Chachahuí
e escoitar á noitiña o zunido dos vagalumes,
dos cocuios, o canto do turpial
e o míar estremecedor do puma negro.


Ter unha casa en Chachahuí,
esquecerse do tempo, estar ao pé dun deus antigo
amigo do sol.


Ter unha casa en Chachahuí.
Abaixo, no camiño de Ipiales, na estrada do Ecuador,
brillan as flores ventureiras.

Pero as estrelas son máis grandes.
Ter unha casa en Chachahuí.
Avilés de Taramancos
De Cantos caucanos (1985)
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

3 comentarios

Anónimo -

hola gustame moito este poema

Paco Penas -

Eu penso que o tema da legalidade ou non das contrucións na costa está a convertirse nun fraude máis. Hoxe mesmo lin un reportaxe no país da costa cantábrica e quedei parvo. Hai demasiados intereses para facer cumprir unha lei que por si mesma é incapaz de limpar ese espazo público.
Ehhhhh... que esto non é un mitin. jeje
Bicos, paisana.

Meris -

Esta foto recordame a unha cala de Menorca chamada Calascoves. Creo que ven sendo unha necropoli do periodo talayótico formada por moitas covas excavadas artificialmente na parede do acantilado.
Logo chegaron os hippies ou ocupas ou o que sexa e transformaronas en vivendas poñendolles portas e ventanas.
Non sei se actualmente estan en periodo de restauración, porque algunhas estan clausuradas.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres