
Se non se queixa a terra cando lle esnaquizan un río ou un monte, nen se queixa a terra cando cando lle esfolan a tona e lle rouban os diamantes... tampouco me vou a queixar eu.
¿Que pasou?...pois que fun ao dentista e dixenlle que quería facer unha limpeza de boca
e o home rematou por quitarme tódolos dentes.
Dixo que era a mellor limpeza das posibles.
Agora toca esperar, aprender a comer, a rir, a falar, a calar...
A reconstrución será unha tarefa longa e custosa, implante de oso, tornillos de titanio, e os dentes pedireille ao doutore, que xa postos, sexan de granito "rosa porriño". Din os entendidos que son os mellores para atacarlle ao churrasco.

Autor: Meris
Sinto por ti, eu no teu sitio estaria doida polo bolsillo e polos meus dentes. Espero q os meus me duren moitos anos de churrascadas.
Fecha: 10/01/2008 17:02.

Autor: peke
Teño dificultades para acceder á túa páxina. Non sei que pasa, pero que saibas que sigo por aquí.
En canto aos dentes, eu puxen varios implantes no 2007 e estou encantada; o proceso é longo e caro pero paga a pena, así que moitos ánimos. :)
Fecha: 10/01/2008 19:11.

Autor: Manuel Busto
Coida os dentes, que coma os dun mesmo din que non hai. A metade da saúde disque vai na boca. Por exemplo o que ti afirmas de atarcarlle ao churrasquiño.
Da foto gústame a gama de cores que xuntaches.
Saúdos e unha aperta.
Fecha: 11/01/2008 12:01.

Autor: O Raposo
Ademais, o color "rosa porriño" seica se vai levar moito na tempada primavera-verán 2008. Escoiteino no Corte Inglés, que é xente moi enterada.
Fecha: 12/01/2008 01:00.
Autor: Paco Penas
Moitas grazas pola vosa cariñosa presenza. Como rírse pouco non é para min unha solución e dada a minha debilidade polo churrasco xa estou arallando o problema :-)
Quérovos moito.
Fecha: 15/01/2008 22:06.