
ZooM
Xa non hai escalas Alfas, Betas nen Gammas, só enxeñeiros informáticos cabreados, abogados repoñendo mercaduría nos supermercados Claudio e licenciados en historia traballando de camareiros. Aquel mundo feliz de Aldo Huxley sigue e seguirá sendo una utopía, un mundo sen guerras onde ser feliz consistía simplemente en ser feliz.
Onte recibín un correo do meu fillo onde me transmitía a seu desasosegó cara ao seu futuro profesional. Unha preocupación que non lle pode animar moito a afrontar con certo optimismo una carreira de informática como a súa.
Unha dura carreira que aínda non atopa un oco nos organigramas das empresas por culpa da mediocridade dos propios empresarios, que moitas veces, buscan incrementar os beneficios a conta da situación laboral dos traballadores.
A INFORMÁTICA e unha carreira con futuro, si... pero no futuro ou lonxe do berce.
¿Como non o vai a ver negro escuro o meu fillo, se non pode aspirar a gañar moito máis do que lle envía seu pai cada mes?... e que por certo, tampouco lle chega a moito. ¿ Ou mesmo ao pensar que nunca chegará a gañar o que gaña seu pai traballando de camareiro, anque sexa en Canarias?
Animo meu rei, Ti sigue estudiando e disfruta do teu tempo , que moitas veces as cousas non son como parecen, aínda poden ser peores :-)

Autor: Marinha de Allegue
Coido que hai que darlle tempo ao tempo e ir na búsqueda intrépida do que a cada persoa nos fai sentir mellor, a propia vocación...
Beijossssss e recupéreseme.
:)
Fecha: 10/02/2008 15:35.

Autor: Chousa da Alcandra
Que che vou contar eu, despois do que amosas ti que xa sabes!. Con todo engadir que hai momentos nos que, para facer un rego dereito, compre deixar o suco torto...
Saúdos para o pai do futuro informático
Fecha: 10/02/2008 19:13.

Autor: Meris
Escolleu unha boa profesión para os tempos que corren, tendo en conta que estamos rodeados de ordenadores, e non podemos vivir sen eles e nos desesperamos cada vez que falla un. (Digoo por min sobre todo, que para esas cousas son un pouco ñu).
Sempre lle quedará montarse a sua propia empresa de servicios informaticos. Pouco a pouco...
Fecha: 11/02/2008 10:07.
Autor: Paco Penas
De tódolos xeitos é moi importante que vai coñecendo a realidade, que sexa realista e o soñe todo no amor. Se queres competir e loitar por algo na vida tes que ser forte mentalmente.
Gustaríame que deixara tamén algún comentario pero non quere facelo en castelan, jeje. Aquí si que teño que pedirlle perdón.
Graciñas polos comentarios. Bicos e apertas.
Fecha: 11/02/2008 14:08.

Autor: Checha
Paco, onte mismo trouxen ao teu fillo das Cruces á Coruña e algo falamos do tema...e non te preocupes, pode que atoparamso o principio da solución...
Fecha: 18/02/2008 17:00.
Autor: Paco Penas
Si Checha, xa me contou. A min gustaríame que rematase os estudos pero é importante ir facendo cousiñas. Ao mesmo tempo é un xeito de aprender sen esquecer de que tamén pode servir para atopar unha motivación.
Una aperta.
Unha aperta
Fecha: 22/02/2008 02:07.