Blogia
DoRViSou

LaBiRiNToS Na NoiTe...

<center>LaBiRiNToS Na NoiTe...</center>
Din que o home que sempre está serio é que non entendeu nada...agora xa sei porque onte pola noite, me reía tanto no HaRR’YS BaR e hoxe pola mañan case non me rio nada.
Despois das vacacións sempre sufro unha pequena metamorfose. Ao rematar de traballar, Calquer luceciña de neón anula a minha vontade e me deixa sen GPS no medio da noite...e, o que é pior, sen saber quen manexa a meu carriño feito de nabos. É cuestión só de días ou semanas...deseguida me desbodará o caudal do encorol dos meus triglicéridos para dicir " BaSTa Xa"

Bueno, pois de aí, que a minha presenza polas leiras do BLoGoMiLLo sexa máis ben escasa. Xa sei, que para postear non teño que pasar ningún control de alcolemia, pero tampouco quero que as minhas arroutadas lle fagan sombra as minhas fotografías.
Unha aperta de ledicia a toda a minha parroquia.

18 comentarios

zonaceibe -

A súa paxina xa conta cun link dende www.zonaceibe.net, anímamoste a ficar uns intres nela. Unha forte aperta.

Oscar H. -

Ves aos personaxes que están na cabeceira do teu blo? así estamos nos! :-)

Paco Penas -

¡ Ehhhhh, non paguedes o rescate, que xa me escapei....!
Moitas graciñas a todos polo voso cariño. Espero poder estar polo blogomillo deseguida, só me falta volver a coller a cámara e facer novas fotos ( e tamén volver a tirar un cable polo pasillo ata o meu ordenador, que ese foi o verdadeiro motivo polo que me quedei sen internet...jaja)
Bicos e apertas.

Oscar H. -

Ostia, pero este home non volve?

peke -

A ver cando volves, Paco, que xa está ben. Facemos esa colecta?

dorfun -

... a ver se hai que facer unha colleita para un novo ordenador!!! ...precisamos do seu calor sureño!!!

Marinha de Allegue -

Volve Paco Penas de Dorvisou que te queremos.

Beijos.
:)

acedre -

Pero quen manda nesa casa ?.
Vergonza deberia darche.
Ogalla aparezas pronto polo blogomillo adiante.

Paco Penas -

Estou sin ordenador, o cable de rede esconchouse e o meu fillo non me deixa usar o seu por husmear nas súas cousas.
Espero arranxar este problemiña deseguida e voltar as leiras do blogomillo.
Bicos e apertas, amigos.

Marinha de Allegue -

Danos un sinal polo menos...
Coidate moito.
MUUUAAAAA.
:)

muralla -

Pero rapaz,¿qué é o que fas?
¡Esperamos as tuas fotos! Non me seas haragán...
Bicos.

Anónimo -

tu segue coas fotos que che saen moi ben, e mentras tanto, a ver se che volve o sorriso.

txari -

as estradas nunca levan a ningures...e a neve vai por dentro coma a procesióm...

Marinha de Allegue -

Entra no meu blog e a xogar!!!.
Unha aperta.
:)

pepe penas -

A foto e moi guapa.
Has sido elegido para la realización de un \"testmanía\".Si vas a mi página verás de lo que se trata. La participación es totalmente voluntaria. Los datos serán tratados de forma confidencial, jamas de los jamases serán cedidos a terceros.¡Palabrita del Niño Jesús!

JOSE MANUEL -

enton esta estrada levache o HARRY´S e unha foto que da gaña de coller o carro ,poñer musica e guiar ate... enton cse non vou ir o sicologo xa que coidaba que ao remate das festas iso de coller e fuxir o neon so me pasaba a min ,pero vexo que non, unha perta...

Marinha de Allegue -

Trasnoitar, axetreo, controis..., logo empezará o tempo de recollemento e reflexión pq todo vai mutando.
Unha aperta reflexiva e un beijo comunicativo.
:)

Artipractor -

Guarde un poco de ese mono hacia las luces de neón para cuando venga aqui. Habrá que tomar unas copitxuelas!!!