
ZooM
Está claro que un blog precisa de continuidade para manterse vivo, aparte de certo criterio para transmitir ondas de ledicia polo espazo. No meu caso chamaríalle transmisións afectivas porque desde esta cova e con esta chola tampouco se pode abrir o cancelo do intelecto a ninguén. Como moito roubarlle un sorriso a alguén, que tampouco é unha vagatela :-)
Facer rir é un acto dos máis xenerosos na terra anque sempre corra un o rísco de facer o parvo.
Sexa como sexa, eu hoxe só quería falar de política pero como minha quere ir outra vez a praia, deixovos a foto e voume con ela. De política e do goberno, sempre se pode falar mañá...

ZooM

Autor: Carlos Sousa
Que pasa! ¿que este urinario tamén o usa Rajoi, e foi el quen fixo a segunda nota?
Sempre é agradable botar un sorriso.
Fecha: 24/09/2008 11:36.

Autor: O ferreiriño de Paxariñas
Perrea, perrea... erre que erre con re de fa-mi de turrete, mácula de sol fa-do-mi, tratase dun culete pobre retrete.
Fecha: 02/10/2008 18:16.

Autor: paideleo
Tés unha encarga no meu blogo.
http://leoeosseus.blogspot.com/2008/10/meme-do-derradeiro-da.html
Fecha: 07/10/2008 01:10.
Autor: Paco Penas
A min pásame co blog o mesmo que a moitas parellas, que non podo vivir con el, nen tampouco sen el.
O problema non é postear, o verdadeiro problema é perderse polos blogs da xente, dan as dúas, as tres...e mañán sempre hai que madrugar.
Apertas e bicos, meus amigos.
Fecha: 09/10/2008 00:40.