Blogia
DoRViSou

MúSiCa...MaeSTRo

Peligro de extinción

Se de verdade, eres das que pensan que o tamaño importa, podes vela foto en grande...

Estos días veño ollando en diferentes blogs unha invitación para falar daquelas cinco cancións máis axeitadas para facer o amor.
Pois ben, eu tamén quixera deixar testemuña das minhas preferencias, anque son dos que penso que non hai millor música para acompañar dito "trajín", que os propios xemidos do goce. ... o tic tac dos vellos reloxios de parede, o renxer das camas ou mesmo aqueles xergóns de carochas dos nosos avós tampouco debían desentonar de todo...
Eu teñoo feito tamén sen música...para non despertar aos que estaban na cama do lado. Do que me arrepinto moito é de non telo feito con música heavy, cando era máis mozo. Tamén hai unha música moito máis intimista,  é esa  melodía que soa debaixo da tapa do peito cando remata a festa.
Agora, con música ou sen música...dalle candela.

4 comentarios

Paco Penas -

Ninsesabe, o teu gusto músical enternéceme moito, irei ao rescate...

Marinha, o importante é non facer a guerra :-)

Peto Lareto, se a música pasa desapercibida xa é un logro, jeje.

O Peto Lareto -

Tí si que sabes, que estando en plena faena a ver quen se pon a valorar a múseca de fondo.

Como moito, o rematar, alguén pode decir aquelo de: "Coño,¿e esa múseca de onde sae?

Marinha de Allegue -

Certamente con música de distintos estilos, sen música etc mais amarse.

Beijosss.
;)

Ninsesabe -

De acordo contigo.
De tódolos xeitos eu vou tentar de "bucear" na música doutro tempo a ver se atopo 5 cancións que me traigan bos recordos.