Blogia
DoRViSou

JHaSTaNDo JoMa

Eu sabía que as cousas andaban mal, pero tan mal, tan mal non o sabía...

Mentras viva non esquencerei aquela tarde de Domingo na Solaina de Piloño. Remataba a sexta forxa literaria, un recital músico-poético pechaba aquelas actividades enmarcadas nos encontros culturais no rural. Celsiño, Antía Otero, Carlos Negro, Raul Gómez, María Lado, Vázquez Pintor, Martín Marticorena, Emilio Ínsua, Jorge garcía Porral entre outros, fixeron tremar o ceu e a terra coa súa arte. Alí estábamos os incondicionais da fundación, entre sesenta ou setenta persoas, algúns nenos e xa puretas ou nas portas de selo, pero ningún rapaz antre dazaseis e vinteecinco.

Un pouco máis tarde, despois da degustación que non brindou Xosé Molina (Decano do centro de estudios da Filloa de Merza) baixei cuns amigos cara á Ponteledesma e a poucos metros no SAMBAR, lugar de encontro de mozos e mozas da comarca, había unha marea de rapaces xa borrachos perdidos no lusco-fusco da vida. Rapaces que tamén podían disfrutar dunha tarde de poesía, de música e despois beber ata caer de cú, ou non?

Pero bueno...sei, porque tamén fun e aínda son "novo", que a ninguén se lle vai facer ver máis luz da que leva dentro, mais algún sentimento de culpa ten que aflorar de nós mesmos, sabendo que somos pais, cando a nosa xuventude ten que limitarse só a beber para divertirse e pasar as tardes do Domingo. E todo isto ben a conto deste video, que me chegou aos ollos vía Moure, dunha xente da minha comarca  facendo animaladas e poñendo en rísco a vida doutros.

(Xa sei que máis dun dirá, Xente de Lalín, xente ruín...)

A Manuel Lugrís non lle faltaba razón naqueles versos que decían:

"Que estou vello...

Xa quixeran moitos mozos sentir

as arelas de gloria

que se agochan en min"

 

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

8 comentarios

jordan shoes -

El reloj de arena recuerda el momento en que perdió!

Cheap Jordan shoes -

Les paroles représente. Très bien. Grâce à votre parler, je suis vu une vertu à maints égards.

Paco Penas -

É certo que o home ten certa tendencia a aotodestrución.Somos un perigo de moito coidado.
Graciñas a todos pola visita.

Carlos Sousa -

Está claro que todos fomos novos, pero isto paréceme unha burrada sin sentido, e o que máis cabrea é ver que haxa páis que leven ós seus fillos a tan triste espectáculo. Vaia exemplo para o futuro.

Un saúdo

Chousa da Alcandra -

O de non ver máis luz ca que un leva dentro pareceume un atino total. Certamente que a algúns nin poñéndolle baterías adicionais e revirando os faros do coche cara os seus fuciños!

Ninsesabe -

Dicía un da vello da miña terra que "non hai mozos coma os de antes nin vellos coma os de agora"...
E, ó mellor, tiña razón.
Coma Lugrís.

Meris -

Esto viña consistindo en destrozar o coche non? quero pensar que o dia que estes rapaces se teñan que pagar o seu propio coche a plazos, e as rodas e os arranxos e todo o demais, deixarán de fardar por este tipo de cousas.

paideleo -

Deume pena o raio do coche que non ten culpa ningunha e non merece ese final.
Tamén oir voces de nenos pequenos que estaban nese espectáculo.
Enfin...
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres