
ZooM
Ela falaba sete idiomas pero estaba triste, chegou o Nadal e non tiña con quen falar...

Autor: Chousa da Alcandra
Era como aquel que tiña moitos cartos e non sabía nin tiña onde gastalos.
Outros, pola contra, non os temos e sabemos gastalos que nin diola. Tampouco dominamos tantas linguas, pero temos con quen falar ainda que sexa por señas!!
Envieiche un correo. Non o recibiches?
Fecha: 14/12/2008 11:33.
Autor: Paco Penas
é unha sorte ter con quen compartir anque ás veces sexan penas, eso é penas, de apelido tamén penas :-)
Si recibin o correo e encantado coa idea de facerme rico este Nadal, parta que imos esperar un ano máis.
Graciñas.
L&m, si, só unha...para reconfortar o espíritu. Agradecido coa visita.
Fecha: 16/12/2008 02:06.
Autor: Manuel Busto
Esta túa entrada tróuxome á memoria un microrrelato de Augusto Monterroso. Con pouquiñas palabras cóntase unha historia enorme. É o que acontece con esta túa narración acompañada, coma sempre, dunha artística fotografía.
Aquí estamos OS AMIGOS para poder falarmos longamente, matando soidades e melancolías, en calquera idioma menos nun :FALARMALDENINGUÉN.
Unha aperta sincera.
Fecha: 16/12/2008 12:53.

Autor: peke
Curiosamente, aínda que estou xorda son unha grande escoitadora. De feito son muller de poucas palabras. Felices festas, meu.
Fecha: 16/12/2008 19:48.
Autor: Paco Penas
Amigo Manuel, esta paixón polos cortometraxes que está aniñando en min, faime ver as cousas doutro xeito, jeje.
Minha peke, escoitar é unha das maiores virtude. Outra moi especial é sentir.
Raposo, eu disfruto moito das festas do Nadal porque sempre teño vacacións :-)
Fecha: 17/12/2008 03:14.