eu TaMéN SoN uNHa PuTa...(é un decir)
cómo iba a saber quien era yo. (Charles Bukowski]
Teño que asumir esa parte bukoskiana que me fai cóchegas na pel. Moita culpa delo tivoa este home que me arrastrou, sendo eu un adolescente, coma un furacán por esa escura trastenda de todo ser humán.
Bukoswki, Allen Ginsberg, Charles Baudelaire... Bohemias noites do Orzán dende o patacón do amigo Vari Carames ao Kopas do Susiño de Soutelo dos montes e as irrepetibels borracheiras de vodka barata na discoteca Xornes ou cubalibre de garrafón en Rubí 28 na praia de Riazor.
Posivelmente moita poesía, sexo sen amor, porros e rock and roll para un aldeas coma min.
6 comentarios
Muralla -
¡Que tempos, me cago no demo!
Sempre digo. ·36 anos durmindo co mismo, e tres de deandiño de dormir...si fora agora, a primeira noite violabao!!!
Estou como una cabra...
Un abrazo.Muralla
dorvisou -
Despois, a vida colleu outros derroteiros e foise apagando aquel fervor tan apaixoado.
Bicos muralliña. Coidate moito, si?
dorvisou -
Estos días caeu o servidor e tivo que aloxar tódalas bitácoras noutro, de ahí esas novas señas.
dorvisou -
Non sei decirche canto era moito, só que leía moito máis do que leo hoxe. Sexo sen amor moi pouco porque eu deseguida me enamoraba...jeje. Porros, pois si e moitos anque xa fai uns cantos anos que deixei de fumar por unha razón de hixiene mental. E con todo esto que che estou a contar está demais falar do rock and roll.
Hoxe son o fillo que quixeran ter tódalas mamaes do mundo. Tamén aclarar que nunca tiven necesidade de ir de putas e o titudo do post é un xeito de solidaridade co sofremento de tantas mulleres que se adican a prostitución por non ter outros medios, esas putas que compran a colonia por litros no supermercado da esquina, esas putas que non teñen quen lles de bicos cando teñen frio...
xisbe -
peke -