eSTaMPaS Do BeRCe
A casa dos calvetes e a palleira dos Alonso
O facer a carretera de "circunvalación" o camiño é unha testemuña de silenzo perpetuo.
Cando algún compañeiro comía unha mazán, Pedriño achegábase a el, paseniñamente, e decíalle con verdadeira humildade:
¡ Non tires o carazo, eh!
Despois Pedriño enfiaba os ollos de boi de Belén na gorxa do compañeiro e decíalle moi untuoso:
¡Ben me podías deixar parte!
e cada bocado que recibía a mazán Pedriño alarmabase:
¡ que chantada lle metiches! Se lle das outra nin chisco queda dela.
O mellor que se podía inventar para comer con acougo unha mazán, estando diante Pedriño, era darlle outra a el, guindándolla de lonxe. E cumplía manxar ben ás carreiras, porque senón aínda viña o larchán en demanda do carozo. (Castelao en os dous de sempre)
8 comentarios
dorvisou -
Sobor das conexión para o ordenador non se preocupe, é unha cousa máis sinxela que fritir un ovo.
Xa falaremos delo.
peke -
Por certo, ¿compraches xa unha cámara dixital? Se así fose, ¿cal me recomendarías?
É que teño problemas cos brazos e gustaríame unha boa cámara dixital que non pesase, doada de manexar e que permita certa marxe de creatividade.
(Ollo: perigo. Logo pasaría a preguntarche cómo se pasan as fotos resultantes ao ordenador e demais. Pero esa sería unha segunda fase).
dorvisou -
Xa teño ganas de ir envestigar do asunto. Para o vindeiro vrao vou ir a DORVISOU con papel, lápiz e unha grabadora para documentarme ben. xa verás ti...
dorvisou -
dorvisou -
Xoía de Jaio, mis fotos no tienen nada que ver con sus manzanas.
Yo si que le envidio, ¿a donde viajará la próxima vez?
pepe penas -
Jaio la espía -
muralla -
Un abrazo.Muralla