
ZooM
Na foto, Marta Marrero, portavoz do xurado do Festival e directora de cultura no cabildo, dando a coñecer o fallo do certamen.
O noso corto "MoTeL KiLóMeTRo 30" foi onte o grande protagonista do "festival de Cortometrajes Villa de La Orotava",
Un cortometraje (12 m.) de costo 00.000.000 € que resultou ser o traballo dun taller de cine, levouse onte o premio ao mellor guión e á mellor fotografía (concedido a un servidor e a dous compañeiros máis, Nina e Gervasio). En total uns 3.000 €, que serviran para emprender un novo proxecto que está madurando.
As felicitacións e cariño recibido ao longo do festival e despois do fallo do Festival deixáronnos alelados e sen palabras de agradecemento. Directores, productores, críticos dos xornais e outras persoas do mundo audivisual animáronnos a seguir traballando para vindeiros certames.
Hoxe levanteime e baixei a buscar a prensa, pero como é día de festa aínda non chegou (isto pasa por vivir noutra aldea)
Mañán, contarei máis.
Ah, xa tiña pensado subir o corto para que o disfrutedes todos, pero como foi elexido para este festival, dixéronme que mellor sería esperar a que rematara. Un día deste...

ZooN
Der a izq Paco Penas, Nina e Gervasio

ZooM
Foto fixa do cortometraxe Motel Kilómetro 30
Autor: Chousa da Alcandra
Mil parabéns! (boeno, case tres mil!!!).
Está claro que eres un alumno ben aventaxado. Un curso e un recoñecemento deste calibre.
(A un dalle gustiño relacionarse con xente tan importante).
Estarei atento a cando subas o corto (Terei que ir velo no portátil a un sitio con "liña a motor")
Fecha: 28/12/2008 20:16.
Autor: Ana y Alarcones
¡¡¡¡Muchas,Muchas,Muchas felicidades!!!!.
A mí no me sorprende nada, este es el principio de muchas satisfacciones que tendrá Paco con la fotografía y el cine.
Prometo que la próxima vez que "O noso Paco" salga de Troula (que será hoy) no lo voy a esperar en el portal. Hoy se lo permitimos.
Bicos
MªBel, felicidades por toda tu colaboración, sin tí esto no sería posible.
Fecha: 28/12/2008 23:06.
Autor: Paco Penas
Chousa, caladinha, Beatriz e Ana ... somos galegos todos, non si?
Pois entón...
:-)
Fecha: 29/12/2008 02:00.
Autor: Fernando
Os meus parabens para a creatividade.
Espero que non sexa o último e que o subas para poder disfrutar del.
saudos
Fecha: 29/12/2008 10:17.
Autor: madeingaliza
parabéns, aí, construíndo images e detendo-as no tempo!
aperta,
de
séchu
Fecha: 29/12/2008 10:21.
Autor: Paco Penas
Fernando e Séchu, é que ao final ides facer que me sinta culpable e todo. O día 28 hai que ter certa predisposición a mentira. Eu mesmo lin o xornal con certa desconfianza, até o bacallau que me serviron nun restaurante non me parecía bacallaou :-)
Fecha: 29/12/2008 11:08.
Autor: Chousa da Alcandra
Queda claro, pois, que das duas virtudes concedidas aos galegos eu teño FIXO a de inocente!!!!.
(Imos darlle voltas á tixola para aclarar que, ainda sendo inocente se pode ser tamén un chisquiño intelixente. Ainda que sexa de xeito intermitente. Jajajaja)
Metéchesnola cuadrada, colega. Pero que saibas que a distancia fixo ainda máis creible a noticia. Evidentemente ben aderezada cos condimentos que lle engadiches!
Parabéns por ser un bo mentireiro logo!
Fecha: 29/12/2008 13:33.
Autor: Paco Penas
Entón quero entender que a distancia até pode facernos a todos máis interesantes. Xa o decía alguén, de cerca ninguén é normal.
Que sepas, amigo Chousa, que xa son un fan incondicional da túa intelixente inocencia.
Fecha: 29/12/2008 14:13.
Autor: pepe moreira
Aun no lo he visto, pero lo importante es que hubo alguien que lo vio y lo premioy el premiado es mi amigo a quien felicito de todo corazón.
Fecha: 30/12/2008 19:41.