TaLLeR De CiNe
De impresionante podería calificar a minha experiencia no taller de cine. Xamais pensei que na preprodución , na rodaxe e aínda despois nunha montaxe dunha película houbese tal tinglado orquestado. Agora tamén sei que no cine 3+3 non son 6. Para un corto de tres minutos fixeron falta duas horas e media de gravacións , unhas 20 horas de traballos, doce persoas, catro caixas de cervexas, uns tres dúcias de bocatas, uns tres cartón de malboro...e todo sen contar o tempo perdido pedindo de porta en porta (Tres coches de luxo, unha caixa de mortos....) ou mesmo ter que botar man dun de nós por non chegar algún actor seleccionado nun casting. Tamén é certo que isto pasa cando se fan as cousas por amor ao arte, se lle pagáramos mil euros por xornada durmiría na porta dúas noites antes. Se lles conto que fixemos dous... nuns días xa estaran listos para colgar na rede.
Gustaríame destacar deste taller, a calidade humana do grupo, un grupo tan diverso (Venezuela, colómbia, Chile , Argentina, Cuba, Galiza, Andalucia, País Vasco, Canarias...) que dende o primeiro momento demostrou que, cando hai corazón e vontade o camiño é sempre de rosas, non de pedras. Tampouco podería deixar de falar das persoas que dirixiron o taller, a súa capacidade creativa e os seus coñecementos técnicos son de categoría, así o demostra a seu curriculum e non tardarán moito tempo en soar os seus nomes nos mellores festivales de cine do país.
Eu só pregunto, ¿que fago eu falando de cine?... eu, que unha das últimas veces que fun ao cine foi en Compostela porque chovía, estaba de resaca e non tiña onde botar unha sesta. Xa o vedes, non hai como non ter frío cando non se ten abrigo :-)
Un abrazo, meus amigos.
8 comentarios
nina -
Paco Penas -
Manuel, estou a espera do DVD para amosalos resultados.
Raposo, a arte ten que estar sempre presente en todo canto fagas. É a esencia da vida.
Nina, xa o dixen, o galego e o chino son os idiomas do futuro. En canto o que no0s fixemos un a outro, jeje ¿ que pensará a xente, meus deus?, xa o faremos público noutra post.
Chousa da Alcandra -
nina -
nina -
Llamame egoista pero me tienes intrigada quiero ver la que nos hicimos el uno al otro. cuidate un montón saludos a la famili besos
O Raposo -
Manuel L. Rodrigues -
Esperemos que podamos ter acceso a el
Unha aperta.
Chousa da Alcandra -
Agora cando o vemos (so na casa, naturalmente, esgazamos coa risa. Alomenos serve para facernos rir.
Seguro que taller ao que asistiches che reportou moita máis bagaxe que a miña experiencia con cincoenta cables...