
SE BUSCAN
Potencialmente inofensivos, avezados informáticos, amantes das novas tecnoloxías e frikis blogueiros.
Atenden aos nomes de Antonio, Sergio e Uxio e foron vistos por derradeira vez xuntos en Lalín hoxe pola tarde, todos fachendosos cando ían para o concerto de MANOLO ESCOBAR E DAVID BUSTAMANTE. Dous deles parecen que van armados con teléfonos de pantalla líquida e o terceiro ameaza con mercar un antes de rematar Febreiro.
De día e de noite, con sol ou con lúa, chova ou faga sol, móvense a ritmo de hip hop , hause e músicas alternativas. En horarios de traballo frecuentan un garito que se chama LUCANUS e os xoves pódense escoitar en RADIO LALÍN ou tamén nos podcast no blog de TeCNíVoRoS.
Recoméndase encarecidamente que se alguén os chega a ver, que lles de moitos bicos e abrazos.

Autor: Manuel Busto
Dúas caras sonme coñecidas e sei dos garitos que frecuentan. Se se ofrece recompensa igual aporto datos para dar con eles.
De todos xeitos os bicos e apertas regalareillos con gusto.
Fecha: 08/02/2009 21:19.
Autor: Paco Penas
A recompensa será un reencontro ao redor dunha mesa, cunhas cuncas de mencía, un polbo á feira e un fato de amigos...
Bicos e apertas tamén para ti, Manoliño.
Fecha: 09/02/2009 11:08.

Autor: Raposo
Tranquilo, si os vexo xa aviso eu o sheriff para que os poña a bo recaudo.
Fecha: 09/02/2009 11:42.

Autor: peke
O Uxío xa non é aquel cativiño, eh! Está feito un bo mozo.
Fecha: 10/02/2009 19:36.

Autor: Raposo
Oes, deixeiche un encargo no meu blog. A ver si che apetece facelo.
Apertas.
Fecha: 13/02/2009 02:33.

Autor: dorfun
...despois de devorar todos os episodios en formato podcast destes fulanos, considero que sería capaz de distinguilos no medio da feira do cocido... avisarei se o atopo, pero penso que o pai do terceiro, tamén merece condena! :D
Fecha: 16/02/2009 09:12.
Autor: Paco Penas
A pillería do raposo secuestrou toda a minha vontade:-)
BICOS E APERTAS.
Fecha: 19/02/2009 01:41.

Autor: o ferreirrño de pAxAriñs
Por enriba de todo o teu traballo comunicante " fotografía " ilustre ilustración, apetito aberto degustación , sublime presentación erótica de beizos en dinámica esorea dunha resposta orgasmica. fermoso todo Paquiño. unha aperta de carocha amigo.
Fecha: 14/03/2009 02:57.