
ZooM
Ollando a foto de hoxe non é difícil imaxinarse porque chamamos ruta da DoRaDa a esas pequenas excursións polos povos de Tenerife. Este pasado luns, na compaña dun amigo atopeime con este recuncho no mirador de Chirche, e xa que non me deixan votar nas galegas, mesmo me fixo pensar en quedarme aí para sempre...

ZooM
Autor: Barreira
Claro que sí. Aproveitase calquer recuncho para montar un chiringo. A excusa perfecta para tomar unha cervexa á beira dun cactus. Ainda que non sexa estrela galicia, a dorada tamén sabe ben, raio!.
Saudos.
Fecha: 19/02/2009 13:16.

Autor: Chousa da Alcandra
A frondosidade cromática que ofrecen certas partes da Illa atrapan os sentidos.
E eu penso que sempre é mellor poñerlle unha sombrilla a un cactus que cancelas aos campos; de xeito que eu tamén brindo coa Dorada, ainda que non sexa Estrella Galicia!!.
(Díxenche que eu fun artillero en La Laguna?. Estiven un aniño aprendendo a defender a patria de non sei quén nese paraiso...)
Fecha: 21/02/2009 14:29.

Autor: Ninsesabe
E ó mellor facías ben en quedar, porque iso de que poidan votar mortos e netos de mortos do outro lado do mar e os da terra non, é difícil de entender.
Dijo eu.
¿Ou non?
Fecha: 22/02/2009 11:16.
Autor: Paco Penas
Barreira, a minha cerveza ideal é a Estrela dourada, jeje
Paideleo, Ás veces o que boto en falta é a sombra dos teus carballos, o mesmo que ti o meu sol.
Peke, anda que non tes ti recantos :-) bikos
Chousa, non sabía eu dos teus andares por esta terra. E agora que o dis, tampouco te facía tan maiore, pero pensandoo ben, o teu amor polas rosiñas xa me daba que cavilar :-)
Ninsesabe, eu votar gustaríame moito pero para botalos todos ao caldeiro do lixo, ¿ou non?
Fecha: 25/02/2009 01:58.