¡oHLaLa...TaJiNaSTeS!
O Tajinaste é unha planta que vin por primeira vez en Canarias. Alguén me dixera que eran plantas que precisaban de certa altitude para alcanzala plenitude e vendo estes exemplares que encontrei fai uns días, pode ser ben certo.
Eu rematara de almorzar como os reis e sain a dar un paseo polos viñedos da bodega do restaurante Tierra de Frontos , cando me encontrei con estas señoritas e non puden máis que fotografialas para que, cando os efluvios do viño menguaran, saber que aquela beleza que cautivara os meus sentidos fora verdade.
Téñoos vistos vermellos e ata o ano pasado en Galicia, concretamente no xardín dun amigo en Dorvisou atopei unha cor violeta que si me deixou traspapelado. Pero así,con esa alegría de cores e no mes de xaneiro, non recordo.
8 comentarios
rifenha -
Kike -
Saludos.
Paco Penas -
pepe penas -
Paco Penas -
paideleo -
Unha cousa, cando intento abrir a páxina nova de Pepe Penas sáeme unha de ciencia en inglés... unha cousa rara.
Paco Penas -
Agora xa retomei o pulso do máis terrenal...entrar ás doce...sair ás catro...entrar ás doce...sair ás catro...entrar ás doce...
Unha aperta
pepe penas -
Unha aperta