o Q Do MuNDo
Ollando uns gráficos deste artigo deime conta de que os volcans só son un pequeno anticipo do que pode chegar a suceder coa terra algún día.
Fai uns días tremei no cume do volcán San Antonio,despois de ver no centro de visitantes do propio volcán un documental sobor da última erupción do Teneguía (1971). Co medo metido no corpo fun a dar un paseo pola coroa do cráter, a unha hora que xa non quedaba por alí ninguén, e pouco máis que camiñei dez minutos dos trinta que leva dar a volta. Eu non tiña medo de caer no cráter . O que verdade me impoñía era mirar para o outro lado.
Menos mal que pola noite podía relaxarme , anque fose nun recuncho de sustrato volcánico
4 comentarios
paideleo -
No instituto falaronme dun filosofo grego (non lembro o nome) que dicia que era inmortal e botouse a un crater. O volcan cuspiu as suas sandalias.
Paco Penas -
Si de pequeno me fixeran estudiar o fenómeno dos volcáns alí tan preto da fonte do novello non sería o mismo que facelo agora nunhas illas de orixe volcánico. Todo sexa por coñecelo medio e integrarse millor.....porque eu daquí non vou fuxir a non ser que me toque a lotería ou desperte o Teide.
Unha aperta.
pepe penas -
Unha aperta
pepe penas -