Blogia
DoRViSou

SoMoS PoeTaS DaS eSeNCiaS e DoS aRoMaS...
Non somos traficantes de alimentos :-(

IMG_1171

ZooM

Taberneiro: e a onde vas?

 

Rod Cameron: quen sabe !

Taberneiro: Un bonito lugar, coñézoo !

Rod Cameron : pois eu aínda non, paisano. (Do filme A Dona Da Fronteira)

Non é doado atopar tan poucas palabras que resuman tan ben a minha alma de taberneiro.

Falei xa hai un tempo desas estranhas sensación que teño de haber estado paseando algunha vez polos xardíns de Versalles, navegando nunha góndola polos canales de Venecia ou mesmo sentado no rísco dun penedo nos fiordos noruegos.

Ser Taberneiro é un privilexio. Os taberneiros, somos polo xeral, xente de grande sabedoria popular e amplos coñecementos de cultura xeral. Os taberneiros antes de abrir as portas do local repasamos a cotización da bolsa, política internacional e últimas novidades no mundo do deporte. As nosas primeiras interlocucións son tímidas e vacilantes, pero ao longo da mañán xa van tomando consistencia e credibilidade para rematar, pola tarde sendo do máis convincente.

O taberneiro sempre canta a mesma canción, só cambia o estribillo, porque sabe que non hai dous clientes que se parezan. Un chega e pide unha cervexa, acende un pitillo e baixa a mirada para perderse antre o lixo das colillas e os papeis dos azucarillos, mentras cavila en si mesmo. Outros, chegan, piden un viño e buscan a calor das palabras amigas, por non andar nen tansiquera con eles mesmos.

Os taberneiros somos xente de criterio, sempre falamos de cuestións de estado con políticos, xuices e abogados. De sanidade con doutores e especialistas, da violencia de xénero cos taxistas e de putas cos proxenetas...

Do que non falamos case nunca, eso si, por non ter con quen facelo é do medio ambente.

 

No mundo da hostelería, a relación co cliente vai sempre un pouco máis alá do clásico protocolo. O escenario é un negocio como moitos outros, pero a situación persoal do cliente é case sempre moito máis relaxante e cómoda que noutras actividades.

Aínda así, tamén se dan moitas anédoctas onde os malos xeitos e situacións tensas están a fror da pel.  Pero hoxe só quero falar da gratitude, desa xente que día a día viven empeñados en demostrarche, xesto a xesto, palabra a palabra, que son amigos denantes que clientes.

E son eses amigos, que comen e pagan o que comen, quen tamén pagan os estudos dos meus fillos. Amigos que me pagan a hipoteca e mesmo enchen a nevera. Amigos, que aínda todo lles parece pouco e  deixan propina.

Meus amigos...

 

 

Ao amigo Enrique Beotas, por cargar como un burro *(1), por ser home de palabra  e por demostrarlle ao mundo que se pode ser galego aínda nacendo en Avila.

*1(Iso é o que fixo fai un días cando chegou ao meu restaurante cos dous últimos exemplares de Galicia, Sexta Provincia)

DSC01393

Paco Penas, Enrique Beotas y Jushef...

ZooM

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

4 comentarios

Paco Penas -

Tes razón, Carlos. Hai xente para todo. Eu quixen facer unha louvanza, tamén hai cousas moi duras neste traballo, pero bueno, mellor pensar nas boas.
Unha aperta

Carlos Sousa -

Que ben resumiches a filosofía dun bo taberneiro. Pero tamén che podo dicir que non todos son así, e seino por experiencia, que de feito me gusta frecuentar algún que outro bar ou taberna. E quédome coas que te sintes como na casa, nas que hai complicidade co taberneiro.

Pola tarde máis convincente? Perigo!! Xa hipnotizaches ó cliente? Ou xa a verbe é máis fácil? jeje.

Unha aperta

Paco Penas -

A verdade é que o saber non se contagia, só a curiosidade, que tampouco é pouca cousa.
Apertas, Barreira.

Barreira -

Sodes xente que aglutinan o saber de toda a sociedade onde se atopan.
Pois seguide aglutinando.
Saudos.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres