Blogia
DoRViSou

PaSa o TeMPo...

uxi51

ZooM

A fotografía non deixa de ser un paseo polos camiños da memoria, mesmo moitos momentos vividos rematarían no caixón do olvido se non fose pola súa testemuña. Eu, que sempre tiven a necesidade de fotografalo todo, disfruto moito agora revolvendo no baúl dos recordos.

Tamén é certo que outras veces son coma unha vara de medilo tempo.

Eiquí , vos deixo un bon exemplo da evolución do homen Sapiens.

 

IMG_3617

ZooM

 

7 comentarios

Paco Penas -

Graciñas meus amigos, Agora que xa todos sabemos que pasa o tempo só nos cabe mellorar e que o mundo deixe de ser achatado polos polos :-)
Das fotos comentar que cando quixemos repetila non fomos capaces de recordar a pose da primeira vez, só tíñamos localizado a árvore dese maravilloso entorno do refuxio de Sigueiro, ao carón do río Tambre.

Manuel Busto -

Amigo Paco: Levo unha temporada que só paso pola túa casiña e boto unha ollada sen deixarche recado, polo que che pido desculpas. Mágoa que non puideramos vernos na túa visita do mes pasado. Eu andei moi enleado en diferentes obrigas familiares.
Vexo que a túa familia segue rexa e campante coma antano. Non vou dicirche que non pasaron os anos entre as dúas fotos, que é algo evidente, pero si que se mantén o porte e galanura de antano.
Unha aperta para todos vós.

Marinha de Allegue -

O tempo escápase por entre os dedos querido Paco...

Beijinhosssss para ti e para @s modelos.
:)

paideleo -

Estou asombrado como Zeltia.
Dende logo que as fotografías son un instrumento eficaz para reflexar o paso do tempo.

zeltia -

pero pero pero... ¿ELA é a mesma? de seguro é a mesma, o que eu quero dicir é que no rapás vense cumpridos e ben bonitos os vinte anos pasados, pero por ela... por ela parece que non pasou o tempo...

Con respecto ás fotos e a manía de aprisionar os instantes e logo revolver nos recordos, parezocheme ben a tí!!!!

Chousa da Alcandra -

Cando vexo as tuas fotos, primeiro disfrútoas moito; despois...decátome da miña bisoñez.
Por iso veño a fontes coma esta para beber.
(Compre aplaudir a eses modelos polas miradas que agasallaron)

Beatriz -

vaia paco!!!, así que non che chegou a nada o grolo de terra... a min case que tampouco. desta vez o tempo fuxiu coma un foguete e eu aquí, de novo na illa, igualiño ca ti.
goza da maxia de anaga. e a ver se tes sorte co tempo, porque vai unha calor sufocante, tempo sur, que lle din por aquí.
as raíces das árbores encántanme.
unha aperta