CaRTaS De aMoR...

Xa o dixo Pessoa, que todas as criaturas que escribian cartas de amor eran ridículas... pero referíase, penso eu, aos máis xóvenes, aos que escriben só co corazón e sen cabeza.

Gloria Penas

Querida naiciña:

                                                                                 hoxe é o teu primeiro día co novo "contakilómetros". Nuns días xa estarás en Dorvisou para  bater a marca dos cen metros que é o que hai dende a eira ata o cabo da Horta.

Tamén desexo que recuperes decontado eses folgos  para voar a Tenerife e voltar a pasear  pola praia das vistas, e como non, para bañarte anque sexa agarrada da minha man ou da corda que sirve de amarre para lanchiñas de pedales. E que conste, unha vez máis, que cando che pedin que soltaras os pes,  non te quixen afogar. Só quería que sentiras a libertadade do corpo no espazo, o mesmo que fan astronautas na lúa, que flotaras..., pero ti erre que erre só pensabas en bucear, jeje

¡Ai, e aquela señora venezolana..! volverá a soñar con amorosos romances doutras primaveiras  cando non vexa outra vez pasear agarrados da man e con aloumiños. Foi unha pena que lle contaras que eu non era o teu marido, ¡ boba, así ela rabeaba e ti presumías...!

Bueno, mamá, teño moitas cousas para contarche que ti aínda non sabes pero xa teño que ir a traballar. Contareichas outro día, nunha lareira a luz dun candil de aceite das sardiñas, ou se queres polo facebook...

¡conéctate muller!

31/07/2009 12:38 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: Barreira

Benvido de novo ao ciberespacio. Fermosas palabras, que deseguro han de arrancar unha risa fonda de tua nai.
Saudos.

Fecha: 31/07/2009 13:06.


gravatar.com
Autor: Chousa da Alcandra

Eu xa sabía que tras un cachondo, tiña que haber unha nai cachonda tamén. Ainda que tamén lle vou eu poñer un pero por non gabarse diante da venezolana de que ti eras o seu marido.
(Vese, amigo meu, que a gabanza de ser nai supera por KO técnico á de ter un marido novo).

Onde andarías ti esta temporada?

Fecha: 31/07/2009 20:20.


gravatar.com
Autor: eMi

jajaja y tierno, como siempre.

Fecha: 02/08/2009 11:25.


gravatar.com
Autor: Carlos Sousa

Fermosas palabras. Pois que se solte polo facebook, que maneiras na foto venselle.
Pero que millor ca unha conversación man a man, nunha lareira a luz do candil...

Saúdos e que todo vaia ben.

Fecha: 02/08/2009 12:47.


gravatar.com
Autor: Marinha de Allegue

Que feita a túa nai!!!.

Beijinhossss para @s dous e para a nadadora tamén.
;)

Fecha: 28/08/2009 11:15.



Autor: Xan

As cartas de amor non se poden escribir ca cabeza son renglons saidos do corazón.
Unha fermosa carta, con letras de amor e ironía.

Fecha: 15/09/2009 12:20.



Autor: Xan

Enhoraboa amigo!

Fecha: 06/11/2009 19:56.


Añadir un comentario




No será mostrado.






DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Temas

Archivos

Enlaces

MeuS eNReDoS

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros