Blogia
DoRViSou

NO LUSCO-FUSCO

<center>NO LUSCO-FUSCO</center>

As chamineas das casas de Dorvisou afumeaban, debuxando cabaliños do mar no ceu, mentras Severino da Eirabella, na compaña dun cadelo esmirriado, cruzaba o postillón de Cubelos, cúspindo barbullas de inocencia ao regueiro como querendo botar fora todo aquello que se lle escapaba ao entendemento.
Confabulaba e filosofaba con aquel can sen dono de conceptos tan abstratos coma o tempo ou mesmo lle contaba que as matemáticas non eisistian, que só eran unha invención dos homes.
Cando chegaban a taberna do Couto, o can arroubaba o pelexo no recanto da pedra na procura dunha codia de pan ou de que alguén lle pegara unha patada nos cadris ¿ quen sabe?
Era un can sen cartela de vacinación, un can sen vezo sexual.
Un can que ata lle ladraban os outros cans de palleiro…

0 comentarios