Blogia
DoRViSou

PAISAXE INCONGRUENTE

<center>PAISAXE INCONGRUENTE</center>
Estripeiros, abruñeiros, toxos e mimosas, hedras que gavean polas árvores ou mesmo muruxas, herbas do pito, herbas das almorranas, herbas da fame, herbas da rábia, herbas de namorar, herbas do cego, de ferro, do demo, do sapo... e ata herbas de fumar.
Mais a paisaxe está triste porque lle faltan esos "dinosaurios en perigo de extinción" que son AS VACAS.

6 comentarios

dorvisou -

Vostede non é o complemento do verbo. É o verbo.
Xa non lle podo deixar de querer, Peke.

peke -

"Pequena flora de Galicia" de Xosé Ramón García. :)

dorvisou -

Encantado Xisbe.
Fai uns anos tiña un livro que recollia boa parte da flora da Galiza. Agora mesmo non sei onde anda pero coido que é de Xosé Ramon Barreiro.
Un saúdo.

xisbe -

E calzas de cuco, rabo de besta, pé de paxaro, peido de lobo..., o nomenclator galego das plantas está por facer.
Gostei do teu blog, parabéns.

dorvisou -

Teño que buscar unhas fotos de alcloques que teño perdidas polos caixóns para adicarchas por traerme esa palavra nova o meu caron.

caladinha -

Pés de boi, alcloques, chupa meles... e os dinosaurios déixochos de reghalinho pola minha bitácora ;-)