Blogia
DoRViSou

A MÁQUINA DE METER MEDO

<center>A MÁQUINA DE METER MEDO</center>

O estroupelo dos ratos polo faiado,
O pim, pim, pim da pingueira na vella palangana,
ou mesmo o tic, tac, tic do reloxio de parede
que ía tocando as horas para delongar o meu sofremento.
Fora, no mundo, o misterio da noite.
Dentro, na casa, só un corpo de neno,sen folgo, teso co medo.
Chovía e zoaba o vento...

4 comentarios

caladinha -

Só me faltan os millóns, os trillóns e un campanario dende o que pregoar ós 4 ventos os meus amores

Dorvisou -

¡Como se nota que vive no reino do laranxo!
Agradecido polo enlace. Xa podo morrer tranquilo.

caladinha -

Chovía, e onte dixéronme que a choiva entrou, xunto ó neno, e pechou a porta por dentro...

caladinha -

En canto á aldea
http://www.infoaragon.net/servicios/blogs/caladinha/index.php?idarticulo=200404241