Blogia
DoRViSou

NENOS DO MEU POVO

<center>NENOS DO MEU POVO</center>
Os nenos nas escolas perden moito tempo en conceptos como arriba, abaixo, grande, pequeno, blanco e negro para chegar a entender as diferencias que marcan os destiños dos que viven no norte ou no sur.
(Mesmo non estaría demais incluir certa bitácora nos deberes dos máis cativos para sensibilizalos coas inxusticias que sacoden as costas do mundo.)

4 comentarios

dorvisou -

Pode ser certo, pawley. A min pásame coa xente o mesmo que lle ocorre os namorados coa realidade. Pérdeme o afecto...jeje

Martin Pawley -

É vostede un pouco esaxerado... :-)

dorvisou -

Ti sabes moi ben que cada mestre ten o seu libro. Todos tivemos mestres e de todos eles sempre hai algúns que deixaron en ti un recordo imborrabel. Son eles os imprescindibels.
Na formación dos cativos está o futuro e non deberíamos esquencer de que unha boa parte dos problemas que hoxe atañen o mundo, son de índole cultural.

caladinha -

Vivín o curso pasado e este (Prestige, 11-M), como se para a vida habitual das aulas e durante unha semana, un mes... entran xornais, grabacións da TV, xente da vida real... dentro da farsa escolar. Parece que os movementos de renovación pedagóxica espertan do seu sono, a educación en valores sabe por fin da transversalidade...E a escola deixa de ser politicamente correcta, e fálase xustamente de políticas, de sociedade, de diferencias...

Pero a media que os media van esquecendo, o compromiso social da escola vaise difuminando e volven o arriba, abaixo, grande, pequeno, sumar levando, tiles diacríticos... ata a próxima vez que o golpe sexa tan grave que remova conciencias masivamente de novo...