Blogia
DoRViSou

A POSTAL DOS TONTOS

<center>A POSTAL DOS TONTOS</center>
Eu tamén sofro. Esta de moda sofrer. Ás veces as ideas son como cadullos cangrosos no cerebro que ao pensar, invaden de berros secos a chaira lamegosa no que se está a converter a minha vida.Hai noites nas que parece que voa un gato negro polo horizonte que non me deixa dormir.
Son noites nas que quixera deixar de eisistir.


¡Que non se asuste ninguén!...Son cousas que un escribía, fai xa un tempo, neses días non que non chegaba a sair o sol.

3 comentarios

dorvisou -

dorfun e peke:
Un pouco de melancolía non lle fai mal a ninguén. O difícil pode ser controlala e que non te leve a vivir cos pes por un lado e a cabeza polo outro.
En canto o comentario de peke decir que non había pensado nesas cousas pero é certo que me leva a mergullarme no baúl dos recordos e até soño todalas noites, cousa que non acostumo normalmente.
Tamén é curioso que das duas persoas que están fora da casa, xa que o meu fillo regresou para preparar examenes en Setembro, é a ausenza da minha cativa quen máis ensancha a minha tristura.

peke -

¿A soidade lévate a recuperar vellos textos, lembrar vellas sensacións ou ambas as cousas?

Non creo que o sufrimento fose ou sexa unha moda. Máis ben é algo consubstancial ao ser humano.

dorfun -

...din por aí, que a melancolía crea adicción... vamos, que un se acostuma e disfruta nese estado...