Blogia
DoRViSou

NITRAMON

<center>NITRAMON</center>
Parece ser que no enterro de Avilés de taramancos unha señora chegou a decir, botando unha ollada a paisaxe do cimenterio onde o soterraban, que moi boas vistas levaba.
Pois ben,os meus avos tamén a teñen. ¿ou non?
Está claro que para esterco si valemos porque a vexetación que aflora darredor de algúns camposantos é unha fermosa devesa.

6 comentarios

peke -

Non só me preocupa a materia, pero é o máis inmediato. A materia só é a envoltura. O de dentro permanece na memoria dos que quedan.
Intento ver a morte como unha parte máis da vida; nada é eterno e cando se che empezan a morrer amigos, coñecidos e parentes, non che queda outra que asumir que un día irás ti. Procuro vivir con esa idea sen dramatizala nin obsesionarme. A estas alturas xa descubrín que hai cousas ben peores cá morte. :)

dorvisou -

Pois na vida foi semente da boa. Maxino que a cerdeira da que falas é na primaveira a máis florida.

Só che preocupa a materie, peke. ¿ será que non hai outra cousa?

peke -

A materia non se crea nin se destrúe, só se transforma. E de mortos continuamos transformándonos. ;)

paleón -

Avilés fai abono dunha boa cerdeira, e ben que lle presta.

dorvisou -

¡Que ollo, non perde detalle!
E mira que intentei darlle outro aire coas follas dos castiñeiros para que parecesen palmeiras.

caladinha -

Se me deixan elexir prefería un souto ou unha carballeira en vez dos alcolitos...