Blogia
DoRViSou

Corrupinhas Da Vida

<center>Corrupinhas Da Vida</center>
¡Camiñante non hai camiño, faise camiño ó andar!

Pero por si acaso que vaía outro diante, non vaía ser o demo que...

18 comentarios

dorvisou -

Eu escomencei a preocuparme un pouco pola gramática dende que cheguei o blogomillo.
Coido que é cousa de ir mellorando día a día, agora até presto máis atención cando leo ou mesmo vou correxindo algunhas cousas que escribín fai xa un tempo.
Da súa longa diserción saquei moitas e boas conclusións.
Graciñas.

peke -

E remato, que me empeza a doer a gorxa.
Dáme a sensación de que moita desa xente que se queixa é demasiado preguiceira para poñerse a estudar a normativa; ou iso, ou non lle interesa. Porén, en ningún momento puxo en dúbida a importancia de coñecer a normativa do español. ¿Dúas varas de medir, quizais?
Bicos.

peke -

O modelo estándar dunha lingua non é máis ca unha das variantes desa lingua. Ti podes falar como sempre falaches e podes estar seguro de que o teu galego é tan galego coma o de Dorvisou ou o de Xan e Pericán. Outra cousa é escribir nun rexistro culto ou coidado.
Unha novela, por exemplo, é linguaxe literaria; seguro que nunha novela en español atoparás expresións e palabras que non coñeces e vas ao dicionario a informarte (se non o fas, deberías facelo ;)); é imposible que o coñezamos TODO dunha lingua, por moi materna que sexa.

Non sei o que di ese artigo, pero imaxínoo perfectamente; non podemos pretender que o estándar acepte como modélico todo dialectalismo ou particularismo existente. Eu, poño por caso, debería protestar porque non recolle como norma a gheada e o seseo; ¿que pensaría un lugués se así fose? Pero que non o recolla non implica que non se poida usar no contexto e rexistro axeitados.
(Rexistro: culto, coloquial e vulgar. Eu adoito falar nun rexistro coloquial, pero escribo nun rexistro máis coidado e culto.
Contexto: Se dás unha conferencia falas dun xeito; se tomas uns viños cos amigos, doutro; se te dirixis a unha persoa inculta, adecúas a túa maneira de falar a el; se te dirixes a alguén instruído tamén falarás de xeito máis escollido).

(¡Vaia rollo!, ¿non?)

peke -

Falas español cos modismos e particularidades da túa zona (comes sílabas, aspiras os eses ou ceceas, etc., etc.). Á hora de escribir empregas o modelo estándar do español, que non recolle ningún dos teus particularismos. Dubido moito que como gaditano se che cruce pola cabeza protestar por ese modelo estándar do español, porque sabes que é unha convención, unha base para poder entenderte por escrito con todos. Cando falas, seguirás usando o teu acento e demais.
Co caso galego trátase do mesmo; un ourensán que proteste porque se escolleu como normativo "el" en lugar de "il", que é o que usa, compórtase como un gaditano que proteste porque non hai seseo ou ceceo no español estándar.

peke -

¡Mecaghontó! Acabo de escribir un comentario bastante longo e o sistemiña este non mo gravou. Vou dividilo en varios (se lembro todo o que puxen) para evitar males maiores.

Imaxina por un momento que es andaluz, gaditano en concreto.

pppnas -

Peke explicaste dabondo, e por min non vai haber mais liorta; pero coido que os que fan as normativas esquecense do pobo. Se les a Voz de Galicia de hoxe podes ollar un artígo que se chama: "Un idioma con muchas fronteras"; nel podes ver que hai mais xente que pensa distinto.
¿De que nos vai valer que un inglés nos fale ou escriba en galego normalizado, se non imos a enter o que dí.?

peke -

A ver, a ver; non hai que desculparse de nada. Cadaquén pensa como quere e di o que lle parece ben. Eu teño o que se di "deformación profesional" e non podo evitar pensar como penso.
Unha lingua que se pretende normalizada debe ter unha normativa, unhas regras, unhas pautas para escribila e dotala dun rexistro culto que poidan aprender, por exemplo, os estranxeiros. O español, o francés, o inglés, etc. teñen normativas, é dicir, unha gramática e un léxico fixados; iso non implica que á hora de falar falemos a lingua estándar, a fixada pola normativa. Ninguén fala o modelo estándar da súa lingua. A importancia da normativa está na escrita, sobre todo; esa normativa non sae da nada nin do capricho de ninguén, senón que se extrae do que fala a xente e chégase a unha convención xeral. O problema do galego é que a normativa é moi recente, de feito non está rematada por completo, pero non se trata de impoñer nada.
En fin, non sei se me expliquei. Saúdos.

pppnas -

Tal vez sexa porque a copa do pino queda lonxe de ti, se falamos de pinos altos, e as mulleres tamén quedan lonxe cando non queren saber nada dun. Deime conta que era ela porque o visitar a sua páxina,no primeiro post que vin está a palabra cativa. disculpas de novo.

dorvisou -

Pepiño, ainda lle terás que seguir pedindo perdón porque te confundiches no máis importante. Peke é unha muller como a copa dun pino. (que alguén me explique en que se parece a muller e a copa dun pino)...jeje
Non te preocupes. Peke é unha boa encaixadora, está de voltas en moitas cousas e saberá entender as nosas queixas. Tampouco estamos en desacordo con ela, mais ben, cos nosos "laios" queremos dar a entender que non tivemos a mesma oportunidade que outros en canto o idioma galego se refiere. Cousas do destiño e do infortunio.

pppnas -

Dorvisou teñoche que pedir desculpas polo que dixen no teu Blog encol da normativa, polo que vexo tes unha grande amizade con Peke, e eu non quixera por nada do mundo facerme inimigo dalguén que non coñezo; os amigos dos meus amigos amigos meus son. Cometín un erro de principiante, que e o que son neste mundo do Blog. O meu pai dicíame que non se pode dicir o primeiro que che ven a boca, hai que poñer a man por diante, e afincarlle as palabras para que volvan a cabeza e pasen o control de calidade; somentes se deixarán sair cando vexas que non amolan a ninguén. De calquera xeito a mala leite do comentario non ia dirixida a Peke. Presentovos as miñas desculpas a ti e máis a él.
Dorvisou unha aperta

peke -

Bico recibido -e agradecido-, Dorvisou.
Da normativa mellor será que non volva falar. :)

dorvisou -

Aló polo mes de decembro cando escomencei esta andaina polo blogomillo era conscente das minhas limitacións. Sabía que ía encontrar moitos atrancos polo camiño por mor da ortografía. Tiven que facer de tripas corazón moitas veces para que o meu sentido do ridículo me permitise continuar posteando cada día porque era un xeito de aprender e superarme.
Sempre coa axuda do diccionario e o google para poder maquillar un pouco a minha torpeza e levar a cabo unha experiencia que, a pesares de roubarme tempo, gústame e sírveme de terápia para endulzar os sinsabores de xornadas físicamente esgotadoras ou mesmo para seguir disfrutando de algo que me encanta como é a fotografía. Non esquenzas de que traballo na hostelería e teño unha casa, compañeira, dous filhos e unhas noventa e pico plantas que coidar cada día.
En fin, que cada un é froito da sua propia experiencia. Eu non rexeito da normativa, ao contrario, paréceme xusta e necesaria tanto para escribir ou falar.E mentras a normativa non sexa unha vacuna obrigada e coa que comulguen todos os galegos eu seguirei coa dúbida que é o único que me fai sentir vivo e presente.
Un bico para peke e unha aperta para Pépe

pppnas -

Ten vostede razón, non enseñan a falar..solo tratan de que os paletos nos volvamos xente culta..

peke -

Permítanme a puntualización: as normativas non ensinan a falar, só pretenden que non se escriba ao chou; ¿vale? :)

pppnas -

Mira Dorvisou eu fago como tí, tampouco sigo nengunha normativa para escribir en galego...escribo como me sae..o pecado non o cometo eu..pecadentos son os que non me ensinaron a falar como mandan as normativas.....

dorvisou -

You are not allowed to post comments.
Xisbe este é o recadiño que me pon o teu blog ao querer enviar comentarios. Posibelmente non teñas permitido que os demais fagan comentarios. Terás que mirar nas ferramentas do blog.

dorvisou -

Como sigas mirando o dedo non vas ver a lúa...jeje
Non hai normativa, sonche un autodidacta compulsivo desertor do arado.

xisbe -

corrupinhas? o que é? Seique te pasache o reintegracionismo.