Blogia
DoRViSou

o GaLLeGuiTo De CaRBia

<center>o GaLLeGuiTo De CaRBia</center>
Manuel Iglesias naceu en Carbia (Vila de Cruces) o día 22 de xaneiro do ano 1870. Aos catorce anos emigra a Arxentina levando unha carta de recomendación para outro paisano das terras de Carbia que vivía por aqueles lares e unha maleta de madeira chea de ilusións e esperanzas.
O seu primeiro traballo foi de carpinteiro ingresando anos máis tarde nos ferrocarriles arxentinos. Foi aquí onde escomenzou a forxar un novo sono. O entusiasmo que despertou nel o último grito de inxenieria como era a máquina de vapor, levouno a estudar e curiosear por cantas publicacións técnicas chegaban a el. No ano 1896 construie un torno na sua propia casa que lle servirá máis adiante para facer as pezas do que sería o primeiro coche feito na Arxentina.
Con moita paciencia e outra tanta destreza emprega uns catro anos en darlle xeito a idea de construir o seu propio automóvil. Os engranaxes do cigüeñal, o diferencial, a caixa do cambio con marcha adiante e marcha atrás e tantas outras pezas feitas artesanalmente con inxenio e inventiva.


A algarabía que se montou na rúa co enredo de D, Manuel foi monumental, os rapaces ían detras como rapaces que eran, os vellos quedaban pasmados como vellos que eran a até os cans chegaron a morderlle unha roda porque o confundiron con um monstruo. De ahí que lle chamaran ó coche "el mataperros".
Mais a sua capacidade de criar non rematou aquí senón que continuou facendo outras cousas como unha máquina que aproveitaba as virutas das carpinterias para criar enerxia ou mesmo un proxecto para arranxar certos problemas que acaecian no termo municipal onde vivian cando chovía. E tamén coido que foi o primeiro en ter familia numerosa porque xa me diredes como se poden facer tantas cousas e ter trece fillos. ¡ menudo tio!
Se queredes saber da sua vida picade aquí


casa natal en Carbia, ano 1960.

casa natal en Carbia, ano 2000.

15 comentarios

dorvisou -

Si muralliña. Ao mellor o feito de vivir lonxe (físicamente) fainos máis sensibels con estas cousas.

muralla -

Preciosa historia que non é senon unha mostra mais dos muitos galegos que polo mundo adiante deixaron o seu saber...Fermoso, querer y averiguar da nosa terra, pra coñecela millor e estimala mais.
Un abrazo.Carmiña

dorvisou -

Nada mellor que esas palabras de dous homes, que tamén aman con locura esa terra, para responder a túa pregunta.
Por certo Pepiño, espero que teñas ese libro de Armando e Daniel. Para ti sería como a bíblia, imprescindible. Un traballo de investigación sobor do patrimonio histórico, cultural e socioeconómico dos seis concellos do partido xudicial de Lalín.
Un aperta moi sinceira.

dorvisou -

Cando un se sentefillo dunha terra e en íntima comuñon con ela, o escudriñar a súa historia, o percorrer os seus camiños, o rastrexar nos recordos da súa memoria colectiva, ou revelar os seus valores monumentais, artisticos e humanos, equivale a afondar nas raíces dun mesmo; axuda a definir a propia identidade e estreita, no remate, eses lazos profundos que unen ao ser humano coa súa paisaxe natal. (Armando Vázquez Crespo e Daniel González Alén no libro a comarca do DEZA)

pepe penas -

Estas feito un investigador meu amigo. ¿ como fas para atopar persoaxes tan importantes que naceron a carreira dun can donde nacemos nos?