Blogia
DoRViSou

HoMuS BRuTuS...

<center>HoMuS BRuTuS...</center>
Porta dun wc da estación de guaguas de Santiago de compostela. Xuño do 2004



Porta dun wc da estación de guaguas de Santiago de Compostela. Finais dos setenta, tempos da transición. Foto do amigo Xisbe.


Amigos meus:
Este pasado vran pasei pola estación de autobuses de Santiago de Compostela e quedeime verdadeiramente sorprendido pola imaxen tan denigrante que comtemplaron os meus ollos. Esta caterva de animais non ten nome, cabróns, bestas bravas, fillos da ira, ... ¡que máis da!
E non só as portas, tamén un apestante cheiro que mesmo daban ganas de ir mexar fora, polos valados de S. Caetano. ¡Que pobre imaxen para eses miles de turistas ou non turistas que cada día se acercan a coller unha guagua na estación dunha cidade patrimonio da humanidade!
Será que como é ano santo tódolos pecados son perdoados polo santo patrón.
¡que lle imos a facer!

5 comentarios

peke -

Cando fun por primeira vez á estación de buses de Santiago había pouco que a abriran e os servizos xa daban pena. Hai moito que non a piso, pero a última vez dexenerara. Con esa foto comprobo que a dexeneración prosegue.

dorvisou -

A porta esconchada é un simbolo da desilusión daqueles que esperaban da democracia algo máis cabal.
O noso comportamento non se corresponde cos tempos modernos que decimos vivir. Vivir e deixar vivir segue a ser o lema de sempre, parece que non chegamos a entender nada. A experiencia dunha persoa é algo intransferibel,de pouco sirve a outros, non escoitamos, só aprendemos dos nosos errores.
No futuro, nos laboratorios, trasplantaran cabezas xa estudiadas para acadar ese mundo feliz que se nos foi negado noutros tempo.
¡Hai que ver como se levantou o filósofo do arado esta mañan....!

pepe penas -

Estou totalmente de acordo con Muralla e Dorfun: non sei se falta de educación,falta de solidaridade ou ignorancia...e cousa de túzaros.

muralla -

Opino o mesmo que dorfun: en todas partes ocurre mais ou menos igual, e como non seña nun sitio onde haxa alguén continuamente limpando e vixilando ponse todo feito un asquiño...
Un abrazo, meu neno.Carmiña

dorfun -

...non é unha imaxe aillada, o mundo dos baños das estacións de medios de transporte masivos, son deplorables...

...á parte de convertirse ultimamente en centros de "relacións persoais" pouco recomendables...